"Hof" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • Conxunto de raias escuras que aparecen no espectro solar como consecuencia de que a cromosfera do Sol absorbe as radiacións que emite a fotosfera. Foron descubertas por Fraunhofer en 1814.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baviera, Alemaña, situada á beira do río Saale (52.800 h [1990]). É un centro industrial e comercial da Franconia Superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Residiu en Roma, onde pintou Dúas mulleres (1907), e en París, interesado por Cézanne, realizou unha adaptación dos Xogadores de cartas (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que determina a variación da constante de equilibrio químico K en función da temperatura. Vén expresada por (∂[ lnK ]/∂T)p = ΔH0/RT2, ΔH0 , sendo a variación de entalpia na reacción en condicións normais, R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión matemática da presión osmótica ΔP dunha disolución de n moles dunha substancia nun volume V, que presenta un comportamento ideal. Aplícase a disolucións diluídas. Exprésase por ΔP=nRT/V, sendo R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico holandés. En 1874 demostrou, independentemente dos traballos de Le Bel, a orientación en forma de tetraedro dos enlaces do átomo de carbono; isto axudou a explicar o fenómeno da isomería óptica. En 1877 publicou os seus estudios sobre termodinámica química. En 1884 desenvolveu os principios de cinética química e formulou a ecuación que leva o seu nome. Demostrou que en solucións diluídas a presión osmótica varía coa temperatura e a concentración. Das súas obras destaca Estudios de dinámica química (1884). En 1901 recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo sobre estereoquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. A partir de The Graduate (1967), continuou unha carreira moi regular, que se consolidou co seu Oscar por Kramer versus Kramer (1979). Outras películas destacadas nas que participou son Midnight Cowboy (1969), Little Big Man (1970), Lenny (1974), Tootsie (1983), Rain Man (1988), pola que recibiu un Oscar ao mellor actor, e Hero (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e compositor alemán. Como compositor estreou singspiele, titulados Die Lustige Musikenten (Os músicos divertidos, 1805) e Undine (1816), unha das primeiras óperas románticas. Como escritor destacou con Der goldene Topf (A pota de ouro, 1812) e Nussknacker und Mäusekönig (Crebanoces e o rei dos ratos, 1816).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi un dos fundadores da Wiener Werkstätte (1903) e un dos precursores sa arquitectura funcional. Defensor da simplicidade xeométrica, creou a Quadratel-Hoffmann, fórmula decorativa que alterna cadrados e rectángulos brancos e negros. Decorou o vestíbulo do palacio da Sezession en Viena (1902) e fixo o sanatorio de Purkersdorf (1903) e o palacio Stoclet de Bruxelas (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense de orixe polaca. Estudiou nas universidades de Columbia e Harvard, doutorándose nesta última en 1962. É profesor de física da Universidade de Cornell desde 1974 e escribiu o libro Conservación da simetría orbital, publicado en 1969. En 1981 recibiu o Premio Nobel de Química, xunto con K. Fukui, polos seus traballos baseados na teoría das perturbacións dos orbitais moleculares, e polo desenvolvemento de análises da simetría dos orbitais moleculares, que regulan o curso das reaccións químicas (regras de Woodward e Hoffmann).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático. Vinculado aos círculos artísticos de Viena e defensor da dimensión estética da creación artística, na súa obra déixase sentir a influencia de Nietzsche ou Wagner, pero tamén a de Strauss, músico co que colaborou en proxectos como O cabaleiro da Rosa, Ariadna en Nasos ou A muller sen sombra, e destacou como un grande autor de libretos. Na súa produción atopamos traxedias clásicas como Electra (1901), Edipo e a esfinxe (1902) ou Edipo rei (1903) e adaptacións de clásicos universais como A Torre, inspirada no drama barroco e en Calderón de la Barca, coa que obtivo un éxito notable en 1925. Fascinado polas teorías de Freud, tamén escribiu textos cunha visión máis decadente e simbolista, en ocasións próxima a un misticismo romántico, das que destacan Der Tod des Tizian (A morte de Tiziano, 1892), Der Tor und der Tod (O tolo e a morte, 1893), Die Fran in Fenster (A muller na fiestra,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Illou a anilina do alcatrán, determinou as substitucións sobre o anel bencénico, investigou no campo dos alcaloides e fixou a estrutura dos colorantes do trifenilmetano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción na que os hidróxidos de amonio cuaternarios, nos que un dos substituíntes do nitróxeno ten polo menos un átomo de hidróxeno na posición β, se descompoñen, ao quentalos, e dan unha olefina e unha amina terciaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de transposición que constitúe a etapa clave da conversión dunha amida noutra cun átomo de carbono menos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico alemán. Descubriu a alternancia de xeracións en liques e fentos e descubriu o desenvolvemento embrionario das fanerógamas. Unificou tamén a concepción da reprodución de vexetais e estableceu as bases dunha clasificación filoxenética ao facer patentes as relacións entre liques, fentos, ximnospermas e anxiospermas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Investigou a dispersión elástica dos electróns nun medio atómico, no caso das altas enerxías, e a determinación da estrutura interna do electrón. En 1961 concedéuselle, xunto con R. Mössbauer, o Premio Nobel de Física polos seus estudios sobre a estrutura interna de protóns e neutróns. Tamén contribuíu á construción dun observatorio espacial de raios gamma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Doris Day, comezou a súa carreira cantando en distintas orquestras ata que conseguiu un contrato cos estudios Warner para facer varios musicais. Da súa filmografía destacan as películas Romance on the High Seas (1948), Love Me or Leave Me (1955), The Man Who Knew Too Much (1956), Lover Come Back (1961) ou Do Not Disturb (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que relaciona a variación de entalpía coa temperatura a presión constante. Permite calcular a variación de entalpía H dunha reacción á temperatura T2, coñecendo a variación da entalpía da reacción a unha certa temperatura T e as capacidades caloríficas dos produtos e dos reactivos a T1 e T2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kaliningrad 1824 - Berlín 1887) Físico alemán. Profesor en Breslau e en Heidelberg, continuou os traballos de Ohm sobre a resistencia eléctrica e estudiou a propagación de sinais telegráficos (ecuación dos telegrafistas). Xunto con R. W. Bunsen (1859), aclarou a causa dos raios de Fraunhofer e descubriu, por espectroscopia, o cesio e o rubidio. Enunciou as leis que levan o seu nome, sobre as radiacións dos corpos, e introduciu a noción de corpo negro. Formulou, ademais, as leis sobre circuítos eléctricos que levan o seu nome (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis fundamentais dos circuítos eléctricos en forma de mallas. A primeira, chamada lei dos nós, expresa que a suma alxébrica das correntes que conflúen nun nó é nula: ?i=0. A segunda, chamada lei das mallas, expresa que nunha malla calquera a suma das forzas electromotrices é igual á suma das caídas de tensión: ?e=?iZ.

    VER O DETALLE DO TERMO