Kirchhoff, ecuación de

Kirchhoff, ecuación de
[FÍS]

Ecuación que relaciona a variación de entalpía coa temperatura a presión constante. Permite calcular a variación de entalpía H dunha reacción á temperatura T2, coñecendo a variación da entalpía da reacción a unha certa temperatura T e as capacidades caloríficas dos produtos e dos reactivos a T1 e T2.