"Howard" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 27.

  • PERSOEIRO

    Economista estadounidense. Especializouse en finanzas de grandes corporacións empresariais, sobre o que fixo numerosas investigacións, e foi director da Chicago Board of Trade (1990-2000). Revolucionou as concepcións tradicionais das finanzas corporativas aplicando novos métodos para saber o valor dunha empresa. Escribiu Finance’s Theory (1972). Recibiu o Premio Nobel de Ciencias Económicas (1990) xunto con Harry M. Markowitz e con W. Sharpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Estudou e doutorouse (1915) na Universidade de Columbia, e foi investigador e profesor no Rockefeller Institute for Medical Research e na Universidade de Berkeley. Estudou a fermentación industrial producida polo alcohol etílico e a acetona, os enzimas dixestivos pepsina (demostrando que era unha proteína) e tripsina, así como os seus presursores, e explicou os mecanismos da bacteriofaxia, tras illar por primeira vez un virus que atacaba ás bacterias (fago). Recibiu o Premio Nobel de Química (1946), xunto con J. B. Sumner e W. M. Stanley, pola cristalización dos enzimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ecólogo escocés. Estudou ambientes moi diversos e os problemas ecolóxicos derivados da polución das augas mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor inglés. Formado en Manchester, compartiu con V. Ashkenazy o primeiro premio de interpretación do concurso Chaikovski de Moscova (1962). Posuidor dunha técnica depurada, destacou como intérprete de Liszt e Busoni. Compuxo algúns concertos para piano e orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Investigou sobre as proteínas e os aminoácidos, con métodos cromatográficos. En 1972 recibiu, xunto con Ch. Anfinsen e S. Moore, o Premio Nobel de Química, polos seus estudos sobre a estrutura e a actividade da ribonuclease.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, pai de Robert A. Taft. Membro do partido republicano, foi elixido presidente de EE UU entre 1909 e 1913. Impulsou unha política netamente conservadora. A súa vontade de ser reelixido provocou unha escisión no partido republicano e, en 1912, foi derrotado por J. H. Wilson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbiólogo estadounidense. Es­tu­dou no Instituto Tecnolóxico de California, onde se doutorou (1959). En 1975 recibiu, xunto con D. Baltimore e R. Dulbecco, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polos seus descubrimentos sobre a interacción entre os virus tumorais e o material xenético das células.

    VER O DETALLE DO TERMO