Northrop, John Howard
Northrop, John Howard
Bioquímico. Estudou e doutorouse (1915) na Universidade de Columbia, e foi investigador e profesor no Rockefeller Institute for Medical Research e na Universidade de Berkeley. Estudou a fermentación industrial producida polo alcohol etílico e a acetona, os enzimas dixestivos pepsina (demostrando que era unha proteína) e tripsina, así como os seus presursores, e explicou os mecanismos da bacteriofaxia, tras illar por primeira vez un virus que atacaba ás bacterias (fago). Recibiu o Premio Nobel de Química (1946), xunto con J. B. Sumner e W. M. Stanley, pola cristalización dos enzimas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Yonkers, New York -
Deceso
Lugar : Wickenberg, Arizona