"Hugo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 42.
-
PERSOEIRO
Duque (956-987) e rei de Francia (987-996), fillo de Hugo II de Borgoña. De nome Hugo Capeto, posuía diversos feudos ao redor de París e Orléans que lle permitiron, trala morte do derradeiro rei carolinxio Luís V (987), gañar a elección ao trono. Foi o iniciador da dinastía dos Capetos no trono francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Chipre (1267-1284) e de Xerusalén (1269-1284), sucesor do seu primo Hugo II. Paralizado pola insubordinación en Chipre e en Xerusalén, fracasou nos intentos de restaurar a dominación franca en Siria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Chipre e de Xerusalén (1324-1358), sucesor do seu tío Enrique II. Aliado co papado, Venecia e os cabaleiros de Rodas, liberou Esmirna do poder turco en 1343.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal (1049-1098). Monxe de Remiremont, á fronte da igrexa alemá apoiou o Emperador Enrique IV contra o Papa Gregorio VII. Apoiou o nomeamento do antipapa Clemente III (1080).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, novelista e dramaturgo francés. É o máis fecundo dos autores franceses románticos, cunha obra heteroxénea que domina todo o s XIX. En Odes et poésies diverses (1822; edición definitiva en 1828 Odes et ballades) o seu estilo evolucionou dun clasicismo estricto cara a unha liberdade xa influída polo romanticismo. Con Les orientales (1829), reivindicou e manifestou unha actitude humanitaria, coa que seguía a moda cosmopolita do Cenáculo romántico e chamaba a atención sobre as influencias gregas. As escolmas publicadas entre 1831 e 1840 -Les feuilles d’automne, Les chants du crépuscule, Les voix intérieures, Les rayons et les ombres-, manifestan a proxección da serenidade e do intimismo no tratamento dos temas da natureza, o amor e a patria. A súa obra poética sufriu unha interrupción, debida, en parte, á súa actividade política. Participou na revolución de 1848 e opúxose a Napoleón III; en 1851 exiliouse en Bélxica, despois en Jersey e finalmente...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos calvinistas franceses, e máis concretamente aos do movemento político-relixioso francés de inspiración calvinista configurado a partir de 1547. A adhesión ao calvinismo de persoeiros como Antonio de Borbón, rei titular de Navarra, o príncipe de Condé e o almirante de Coligny, entre outros, proporcionoulle ao calvinismo unha poderosa influencia política. A rexencia de Catarina de Medici acentuou a dimensión política do calvinismo na pugna cos Guise, abandeirados do catolicismo. Así principiaron as Guerras de Relixión. A Conxura de Amboise (1560), contra os Guise, provocou os primeiros derramamentos de sangue, acougados co coloquio de Poissy. Novas matanzas no ano seguinte, principiadas polos Guise, provocaron a reanudación da guerra, que se prolongou ata 1598, cando o Edito de Nantes lle concedeu aos hugonotes liberdade de culto (agás en París), así como o recoñecemento de todos os dereitos civís dos que gozaban os católicos. A reacción antiabsolutista nos primeiros...
-
PERSOEIRO
Constructor aeronáutico alemán. Dedicado inicialmente ao estudo dos motores e da comprensibilidade dos gases, orientouse cara á aeronáutica despois de construír, en 1912, un túnel aerodinámico en Frankenburg (Austria). En 1915 fixo o primeiro avión totalmente metálico (de duraluminio), que revolucionou a industria aeronáutica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Dederkaly 1750 - Varsovia 1812) Escritor e estadista polaco. Reformou a Universidade de Cracovia e tomou parte na reforma social e política. Interveu na revolta de Kościuszko e fixérono prisioneiro os austríacos e, despois, os rusos. Escribiu Prawem politycznym narodu polskiego (O dereito político do pobo polaco, 1790) e O ustanowieniu i upaku konstytucji polskiej 3 maja 1791 (Orixe e decadencia da constitución polaca do 3 de maio de 1791).
-
PERSOEIRO
Botánico alemán. Escribiu a obra Grundzüge der Anatomie und Physiologie der vegetabilischen Zelle (Principios de anatomía e fisioloxía da célula vexetal, 1851), chea de observacións e teorías que tiveron unha longa aceptación dentro do mundo científico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo e filósofo alemán. Foi un dos primeiros que empregou métodos psicométricos en psicoloxía. Como psicólogo intentou unha síntese entre a psicoloxía científica e a doutrina de Fichte. Entre as súas obras destacan Der Ursprung der Sittlichkeit (A orixe da moral, 1889), Beiträge zur experimentellen Psychologie (Contribucións á psicoloxía experimental, 1889-1892) e Psychology and Life (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prehistoriador, xeólogo e paleontólogo alemán. Naturalizado español, ocupou a cátedra de Historia Primitiva (1922) creada para el na Universidad Complutense de Madrid. Destacaron os seus traballos en numerosos xacementos prehistóricos da Europa central e da Península Ibérica e o estudo do glaciarismo en diversos puntos de Europa. Das súas obras destacan Estudio de los glaciares de los Picos de Europa (1914), El hombre fósil (1916), Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia (1923), Las cuevas de Altamira (1928) e El hombre prehistórico y los orígenes de la humanidad (1932). Foi membro da Real Academia de la Historia (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante de cómics e historietas. Comezou como debuxante na revista Albi Urogano en 1945. En 1967 na revista Sgt.Kirk, que el mesmo creou con Fiorenzo Ivaldi, naceu o personaxe Corto Maltesse, cuxas historias continuou na revista francesa Pif.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicólogo. Estudou leis e música clásica. Considerado o iniciador da musicoloxía moderna, interesouse pola teoría, a historia,a pedagoxía e a crítica musicais. Autor dalgunhas composicións musicais, das súas obras destacan Muski-Lexikon (Dicionario de música, 1882), Handbuch der Masikgeschichte (Manual de historia da música, 1901-1913) e Grosse Kompositionslehre (Gran tratado de composición, 1902-1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Traballou no campo da química orgánica, e en 1864 descubriu os produtos de condensación de aldehidos e aminas, coñecidos coma base de Schiff.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista alemán. Profesor nas universidades de Leipzig, Halle an der Saale e Graz, foi un gran coñecedor de múltiples linguas, estudando a orixe da linguaxe e a clasificación das linguas. A súa principal obra foi Der Vokalismus des Vulgärlateins (O vocalismo do latín vulgar, en tres volumes, 1866-69).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Profesor na Universidade de Montréal, puxo de manifesto en diversas obras as características comúns da resposta orgánica ás agresións do ambiente, síndrome coñecida co nome de estrés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal de aviación alemán. Xefe dunha escuadrilla aérea durante a Primeira Guerra Mundial, ascendeu a xeneral (1919). Durante a Guerra Civil Española dirixiu a lexión Cóndor (1936-1937). Mandou as forzas aéreas contra Francia (1939-1940) e dirixiu a defensa da fronte occidental (1944-1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico sueco. Traballou na Universidade de Uppsala, no Instituto Kaiser Wilhelm de Berlín e no Instituto Nobel de Estocolmo. En 1955 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, pola súa contribución ao illamento das flavoproteínas e por outros estudos sobre fermentos respiratorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico neerlandés. En 1900 redescubriu as leis da hibridación formuladas por Mendel 35 anos antes. En Die Mutations theorie (A teoría das mutacións, 1901-1903) expuxo o resultado de numerosas observacións sobre diferentes xeracións de especies do xénero Oenothera. Descubriu a variación brusca das especies e formulou unha nova teoría da evolución baseada nas mutacións, que desenvolveu en Species and varieties, their origin by mutation (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. De nome Gustavo Martínez Zuviría, a súa obra describe tipos, costumes e paisaxes. Destacan Valle negro (1918), Desierto de piedra (1925) ou 666 (1942).
VER O DETALLE DO TERMO