"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

  • PERSOEIRO

    Científico e político. Licenciado en Química e Matemáticas e enxeñeiro químico pola Universidade de Montpellier; tamén doutor en Ciencias Físicas pola Sorbona (1948). Investigador, especialista en química orgánica, e profesor de diversas universidades (Montpellier, New Hampshire, Autònoma de Barcelona). É autor de numerosos traballos de investigación e recibiu o premio Prat de la Riba do Institut d’Estudis Catalans, polo seu traballo Novas contribucións á síntese de ácidos arilalifáticos e á teoría de acilación intramolecular (1949). Iniciou a súa actividade política no 1934 e no 1952, logo de trece anos de exilio, emprendeu a reorganización clandestina de Esquerra Republicana de Catalunya, da que chegou a ser o máximo dirixente no interior e secretario xeral (1976-1987). Foi deputado nas Cortes de Madrid...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Luís Méndez Ferrín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza ocasionada por unha deficiencia na inxestión de vitamina B1. É propia das poboacións que se alimentan case exclusivamente de arroz branco, ou sexa, de arroz privado da casca e da cabeza xerminativa, onde está o complexo vitamínico B.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en novembro de 1913 como substituta dunha anterior chamada Nueva Era. Pretendía ser o órgano do Bando liberal-caciquista, de tendencia prietista. Tiña como subtítulo “Órgano do partido democrático”. A partir do 14 de marzo de 1914 pasou a chamarse Betanzos, un cambio de título motivado por problemas de índole político-administrativa. Editada na capital da bisbarra de Bergantiños, desde o terceiro número publicábase en Paderne, concello lindante co de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Sil pola esquerda, o máis importante dos seus tributarios. Nace a 1.950 m de altitude, na vertente occidental da serra Segundeira, no lugar de Bibei do concello do Porto (adscrito á provincia de Zamora, Castela e León). O seu curso adáptase á tectónica, encaixándose sobre materiais plutónicos (granitos, granodioritas, ortoneises) sobre os que avanza cara ao SO. Antes de deixar o concello do Porto asulaga o encoro de San Sebastián, provocado pola presa homónima, na parroquia de Pradorramisquedo (concello de Viana do Bolo), onde penetra na Comunidade Autónoma de Galicia. Ao chegar á parroquia de Cepedelo (Viana do Bolo), no límite co concello de Pías (Zamora), cae de novo noutro encoro, o de Pías, provocado polo dique da Veiga Redonda, lugar situado entre as parroquias de Cepedelo e Sever (Viana do Bolo) e Barjacoba (Pías). Segue cara ao S pola parroquia de Sever no límite co concello de Pías, virando a seguir 180° en dirección NO. Continúa drenando as parroquias de Vilaseco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno obxecto decorativo de porcelana, marfil ou outras materias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glaciación terciaria, de comezo mal definido, que remata aproximadamente hai 2,1 M a. Esta glaciación, que se recoñece estratigraficamente nos Alpes, identifícase a través do rexistro polínico subártico propio do Pretiglense, que se caracteriza pola forte presenza de herbas anemófilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista austríaco. Traballou na corte do arcebispo de Salzburgo e despois en Múnic. Foi un dos principais virtuosos do seu tempo no uso das dobres cordas e do procedemento coñecido como scordatura, é dicir, un afinamento distinto para os instrumentos de corda. A súa obra caracterizouse polo gusto pola arte da variación e ornamentación, amais dunha certa preferencia pola música descritiva e de programa. É autor dunha colección de 16 sonatas e das coleccións Fidicinium sacro-profanum e Harmonia artificiosa-ariosa, publicada postumamente, así como de dúas óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade indíxena galega. Recibe tamén o nome de Lari Deo. Aparece esculpida nos relevos dos altares de Donón, onde se cre que se atopaba un santiario dedicado a esta divindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de teatro, guionista e realizador cinematográfico norteamericano. Realizou Salt of the Earth (A sal da Terra, 1953), unha defensa política en favor do sindicalismo que truncou a súa carreira cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente, de vidro, plástico ou porcelana, de formas diferentes e dunha capacidade aproximada de 250 ml, que leva unha mamadeira, xeralmente de goma elástica, para o amamantamento artificial das crías dos mamíferos.

    2. Leite que contén ese recipiente e que toman as crías dos mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre valaca. O seu membro máis destacado foi Gheorghe Dimitre Bibesco (1804-1873), príncipe de Valaquia (1842-1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora romanesa en lingua francesa. Tratou temas sobre persoeiros, autobiográficos e recordos persoais cunha visión aristocrática. Escribiu, entre outras obras, Le perroquet vert (O loro verde, 1924) e Fevilles de calendrier (Follas de calendario, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Topónimo antigo citado polo Anónimo de Ravenna no ano 670. Adoita identificarse co río Bibei que transcorre por Viana do Bolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos seres vivos a través dun enfoque propio da cibernética, que parte do feito de darlle ás células, organismos e comunidades, a consideración de sistemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coas súas obras El cantar de la noche (1935) e Sonetos amorosos (1936) contribuíu á formación do movemento poético garcilasista, caracterizado pola volta ás composicións clásicas. Cómpre subliñar tamén a publicación de Más allá de las ruinas (1947) e La mutua primavera (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Costa non moi pronunciada que baixa ata un val próximo ao mar ou a un río.

    2. Zona xeográfica comprendida entre unha ribeira do mar ou do río e unha montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo situado no extremo occidental de Sicilia, Italia, onde se atopa a cidade de Marsala. Os romanos chamárono Promontorium Lilybaeum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura do Chad (600.350 km2; 73.185 h [1993]). A capital é Faya-Largeau (5.200 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO