"ILS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 58.
-
PERSOEIRO
Compositor e crítico musical. Fundador da Revue Musicale Belge, compuxo a ópera Prinses Zonneschijn (1903) e poemas sinfónicos. Foi Premio de Roma (1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ento frío e seco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de radionavegación direccional empregado polos aeronautas para realizar a aproximación final á Terra sen referencias visuais exteriores. Foi adoptado pola ICAO en 1949. Consta de tres subsistemas: o localizador, que dá a guía de aliñación da pista, o de descenso, que dá o ángulo da traxectoria de aproximación, e o de radiobalizas, que indica, en cada momento, a distancia da aeronave con respecto á Terra.
-
PERSOEIRO
Químico. Naturalizado británico, doutorouse na Universidade de Bos Aires. Traballou no Instituto Nacional de Microbioloxía de Bos Aires e no Laboratorio de Investigación Molecular de Cambridge. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1984), xunto con N. K. Jerne e G. J. Kohler, polos seus estudos sobre os anticorpos monoclonais e a regulación do sistema inmunitario mediante idiotipos e anticorpos antidiotipos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico moldavo. Coñecido como Lewis Milestone, os seus filmes tratan sobre a sociedade estadounidense e algúns deles baséanse en obras literarias. Da súa filmografía destacan Two Arabian Knights (1927, Oscar ao mellor director de comedia, 1929), All Quiet on The Western Front (1930, Oscar ao mellor director), Front Page (1931), Of Mice and Men (1939), Ocean’s Eleven (1960) e Mutiny on the Bounty (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violinista ucraíno. Actuou habitualmente co pianista V. Horowitz. En 1929 marchou a EE UU, onde deu numerosos concertos, e foi aclamado polas súas interpretacións de obras de J.S. Bach e o seu repertorio romántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo estadounidense. Foi autor dunha clasificación para as galaxias que incluíu o tipo espectral, e a forma e orientación da galaxia respecto á liña de visión desde a Terra. Fixo tamén importantes achegas ao estudo das galaxias ricas en estrelas novas (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1103 -1134), derradeiro fillo de Svend Estridsen e sucesor do seu irmán Eric I. O seu reinado caracterizouse polo aumento dos privilexios da coroa e polas loitas dos pretendentes ao trono.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalino que funde a 73°C, que é presentado usualmente como un líquido aceitoso, de cor de palla, que contén un pouco máis do 50% de ácido sulfúrico.
-
PERSOEIRO
Explorador e cartógrafo. Desde 1858 a 1872 participou en cinco expedicións polares. Navegou polo mar de Kara ata a desembocadura do río Ienisei e, entre 1878-1879, foi o primeiro en atravesar o paso do Nordeste navegando desde a desembocadura deste río ata Xapón, a bordo do Vega. Máis tarde realizou unha última expedición a Groenlandia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Impulsor da Academy of Fine Arts de Pennsylvania, destacou na representación de personaxes da historia estadounidense, como G. Washington ou B. Franklin.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán de Plzeň.
-
PERSOEIRO
Político e actor. En 1937 debutou como actor no cine e realizou máis de 50 películas. Foi presidente do Screen Actor’s Guild (1947-1952, 1959-1960) e en 1966 abandonou o cine. Membro do Republican Party, foi gobernador de California (1966-1974) e o 40 presidente de EE UU (1980-1988). Levou a cabo unha política conservadora de redución de gastos do estado nas partidas de pensións e axustes sociais e de incremento dos gastos militares, ademais de manter unha actitude enérxica perante os soviéticos. Cara á metade do seu segundo mandato iniciou unha aproximación á URSS mentres daba apoio á democratización de diversos réximes (Filipinas e Haití). Cara a finais de 1986, foi acusado de vender armas a Irán para desviar as ganancias en axuda da Contra nicaraguana.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (3.248 h [2001]). Ten agricultura de secaño e cría de gando bovino, porcino e avícola, así como industrias do papel, madeira, téxtil e alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Industria lítica do val do Nilo. Desenvolveuse no Epipaleolítico.
-
PERSOEIRO
Poeta. A súa obra ten un carácter realista e con fortes connotacións político-sociais. Destacan Italienska bilder (Imaxes italianas, 1865) e Svenska bilder (Imaxes suecas, 1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Formouse en Gloucester e en París (1882-84), onde descubriu os impresionistas. Cofundador con Sickert do New English Art Club (1886), foi o principal paisaxista inglés do seu tempo. Evolucionou cara a un impresionismo máis persoal (Girls Running, 1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico inglés. Ideou a lámpada de incandescencia, independentemente de Edison, que deu a coñecer en 1878. Fixo investigacións sobre fotografía, ideou o papel de carbón e o de bromuro e introduciu as placas alveolares no acumulador de chumbo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico que se emprega como substancia patrón na espectroscopia de resonancia magnética nuclear (RMN) en medios non acuosos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en xullo de 1807 na cidade homónima (actual Sovetsk, na oblast’ de Kaliningrad), entre Napoleón I Bonaparte e Alexandre I de Rusia, para poñer fin á coalición antinapoleónica. Europa foi dividida en dúas zonas de influencia: occidente baixo a influencia francesa e oriente baixo a rusa. A expensas de Prusia formouse o Reino de Westfalia e o Gran Ducado de Varsovia, e Gdańsk foi declarada cidade libre.