Milstein, César

Milstein, César

Químico. Naturalizado británico, doutorouse na Universidade de Bos Aires. Traballou no Instituto Nacional de Microbioloxía de Bos Aires e no Laboratorio de Investigación Molecular de Cambridge. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1984), xunto con N. K. Jerne e G. J. Kohler, polos seus estudos sobre os anticorpos monoclonais e a regulación do sistema inmunitario mediante idiotipos e anticorpos antidiotipos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bahía Blanca, Bos Aires

  • Deceso

    Lugar : Cambridge