"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Fenómeno relativo ás plantas que provoca a ausencia de follas no seu talo ou nas súas pólas. As causas deste feito poden ser patolóxicas, a falta de nutrintes ou de luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é susceptible de ser afiliado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de afiliar ou afiliarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de afiliar.

    2. Persoa que forma parte dunha asociación, sindicato, partido, gremio, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer entrar a alguén en calidade de membro nunha asociación, partido político, congregación, gremio, sindicato, etc.

    2. Inscribirse nunha asociación, partido político, congregación, gremio, sindicato, etc.

    3. Facer entrar a unha asociación nunha organización maior ou nunha liga de asociacións análogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está adornado con filigranas.

    2. Que é pequeno, fino e delicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Operador e realizador cinematográfico francés. Foi un dos fotógrafos máis recoñecidos do período de entreguerras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político filipino. No ano 1896 tomou parte no levantamento contra os españois, pero tivo que someterse e asinar no 1897 o pacto de Biac-na bató. Despois da revolución de 1898 presidiu a efémera República Filipina. No ano 1901 fixérono prisioneiro por se resistir aos estadounidenses, cos que colaborara contra España. Durante a Segunda Guerra Mundial organizou un partido fascista filoxaponés, sendo capturado polos norteamericanos no 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Antropólogo. Foi catedrático de Paleontoloxía Humana na Universidad Complutense de Madrid, dende onde exerceu unha enorme influencia como divulgador sobre varias xeracións de científicos. Comezou a súa formación filosófica na Compañía de Xesús, dende onde exerceu un papel fundamental na introdución do finalismo en España. A súa tarefa científica principiou na década de 1960 con viaxes ao estranxeiro (onde establece contactos con Howell, L.S.B. Leakey, Tobias, etc) e traballos de campo nos xacementos arqueolóxicos de Ambrona, Torralba e Gándaras de Budiño. Contribuíu significativamente á difusión dos máis importantes logros científicos no eido da Paleoantropoloxía. Débeselle a el a especie Homo habilis (creada en 1964 por Tobias, Napier e L.S.B. Leakey), a unificación de diferentes taxóns (africantropo, atlantropo, home chelense de Olduvai, mauerantropo, sinantropo, pitecantropo, etc) na especie Homo erectus e a separación entre Ramapithecus e Kenyapithecus,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista ruso. A súa novelística sempre estivo envolta en controversias e polémicas: Kollegi (Colegas, 1959), Zv’ozdnyj bilet (Billete para as estrelas, 1961), Katapulta (Catapulta, 1964), L’ubov’k elektricestvu (Amor á electricidade, 1971) e Moj deduska-pam’atnik (O meu avó é un monumento, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista e crítico literario castelán, catedrático na Universidade de Oviedo. Autor de diversos traballos sobre lingüística medieval. Divulgador dos métodos da fonoloxía (Fonología española, 1950) e, en xeral, do estruturalismo lingüístico, estudios que deixou patentes no seu libro Gramática estrutural (1951). Publicou tamén Estudios de Gramática funcional del español (1970) e Indefinidos y numerales (1990). Membro de número da Real Academia Española de la Lengua (1973), escribiu a recente Gramática de la lengua española (1994) publicada baixo o auspicio da propia institución na colección Nebrija.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Carmelita que, segundo a tradición, salvou a cidade de Mesina da fame ao facer entrar no porto tres navíos cargados de víveres. A súa festividade celébrase o 7 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Ferrol no ano 1872.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso, membro do Proletkul’ t. Autor de Vosstanije (A insurrección, 1919), Utro (A mañá, 1921) e Veter (O vento, 1925), cultivou temas inspirados na Guerra Civil deses anos e nos problemas do traballo na nova sociedade soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta soviético especializado en halterofilia. Acadou todos as marcas da categoría dos superpesados da década de 1970 e gañou os títulos olímpicos nos Xogos de Múnic 1972 e Montreal 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Halterofilista ruso. Foi nove veces Campión de Europa e dez veces do Mundo. Conseguiu dúas medallas de ouro olímpicas nos pesos super pesados (nos Xogos de Múnic 1972 e nos de Montreal 1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perversión instintiva que consiste no desexo de sufrir dor física. Distínguese do masoquismo pola ausencia de compoñentes eróticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de alible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de alienable.

    2. Calidade dos bens que os fai alienables, en contraposición a inalienables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao grupo alilo, que contén un grupo alilo.

    2. alcohol alílico

    3. posición alílica

    4. resinas alílicas

    5. transposición alílica

    VER O DETALLE DO TERMO