Aguirre Enríquez, Emiliano
Antropólogo. Foi catedrático de Paleontoloxía Humana na Universidad Complutense de Madrid, dende onde exerceu unha enorme influencia como divulgador sobre varias xeracións de científicos. Comezou a súa formación filosófica na Compañía de Xesús, dende onde exerceu un papel fundamental na introdución do finalismo en España. A súa tarefa científica principiou na década de 1960 con viaxes ao estranxeiro (onde establece contactos con Howell, L.S.B. Leakey, Tobias, etc) e traballos de campo nos xacementos arqueolóxicos de Ambrona, Torralba e Gándaras de Budiño. Contribuíu significativamente á difusión dos máis importantes logros científicos no eido da Paleoantropoloxía. Débeselle a el a especie Homo habilis (creada en 1964 por Tobias, Napier e L.S.B. Leakey), a unificación de diferentes taxóns (africantropo, atlantropo, home chelense de Olduvai, mauerantropo, sinantropo, pitecantropo, etc) na especie Homo erectus e a separación entre Ramapithecus e Kenyapithecus, fosen aceptadas axiña pola comunidade científica española. A súa obra máis coñecida e difundida é El origen del Hombre (1973); sen embargo, a súa contribución científica máis salientable é a obra titulada La Evolución (1966), que coordinou xunto a Crusafont e Meléndez. No ano 1997 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias polos seus traballos no xacemento arqueolóxico de Atapuerca.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol