"ISS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 194.
-
ILLAS
Illa de Guiné-Bissau, situada na beira setentrional do esteiro do río Geba, onde se atopa a capital do país, Bissau.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Guiné-Bissau, situada no litoral meridional da illa de Bissau, na beira setentrional do esteiro do río Geba (233.000 h [1995]). Porto fluvial e marítimo, posúe tamén aeroporto internacional. A economía depende das exportacións de madeiras duras, cacahuetes, arroz e cocos. Colonia fundada polos portugueses no s XVI, a partir do ano 1600 converteuse nun importante centro de tráfico de escravos. Desde 1941 a 1973 foi a capital da Guinea Portuguesa e a partir dese ano, logo da independencia, foi capital de Guiné-Bissau.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión administrativa de Guiné-Bissau (78 km2; 197.610 h [1991]). A capital é Bissau.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Inicialmente influído polo Realismo, cara ao ano 1930 derivou a unha abstracción non xeometrizante influída pola pintura oriental. Considerado como un dos pioneiros do Informalismo, na súa obra manifesta unha constante preocupación pola aplicación orixinal de materiais e técnicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor gascón. En 1920 participou nun grupo que pretendía resucitar unha versión decorativa do Cubismo. Colaborou con Le Corbusier na revista Esprit Nouveau e foi profesor na Académie Ranson (1925-1938). Durante a Segunda Guerra Mundial contraeu unha enfermidade ocular que lle impediu pintar ata que foi operado en 1950. En 1952 foille concedido o Grand Prix National des Arts por unha serie de murais feitos con anacos de tea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo francés que desenvolveu o seu labor en París. Foi discípulo de Jacques Daguerre. Xunto co seu irmán Louis-Auguste (1814 - 1876), foron membros fundadores da Societé Française de Photographie (Sociedade Francesa de Fotografía). Ambos acompañaron a Napoleón III nalgunha das súas viaxes e tiraron as primeiras fotografías de alta montaña nos Alpes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Representación bizantina da Virxe. De corpo enteiro, as mans amósanse en actitude orante. Toma o seu nome da conservada na igrexa de Blajerna (Constantinopla).
-
PERSOEIRO
Compositor. Escribiu música orquestral, escénica, bandas sonoras para o cine, concertos e diversas obras de música de cámara e ópera. Entre as súas obras destacan Madame Noy (1918), Rout (1919) e Rhapsody (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de expertos en arte alemana. Sulpiz (1783 - 1854) e o seu irmán Melcior (1786 - 1851) reuniron unha importante colección de pinturas de primitivos xermánicos, que foi adquirida en 1827 polo Rei Luís I de Baviera e que pasou a formar parte da Münchener Alte Pinakothek. Promoveron a finalización das obras da catedral de Colonia e contribuíron á revalorización da arte medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico suízo instalado en Francia. Realizou diversas viaxes para recoller mostras de herbas na Península Ibérica, especialmente ao sueste e Serra Nevada, á costa norte e á cordilleira cantábrica. A súa obra capital é a Flora Orientalis (Flora de Oriente, 1867-1888), froito das súas viaxes por Grecia e o Oriente Próximo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta occitano. Na súa recompilación Li gabian (1891) expresa unha señardade tinguida de exotismo oriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofa. Realiza o seu labor nos EE UU, especializada no estudo dos segredos da sociedade, é dicir, do segredo profesional, das sociedades secretas e daqueles referidos á nenez.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bullabesa.
-
PERSOEIRO
Escritor e político francés. En 1788 fundou a Sociedade de Amigos dos Negros e, ao producirse a Revolución Francesa, foi elixido deputado por París na Asemblea Lexislativa logrando que esta proclamase a igualdade de dereitos para os negros. Foi un dos dirixentes dos xirondinos. Morreu guillotinado. Entre os seus escritos salientan Teoría das leis criminais (1781) e Ós meus lectores (1793).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e político. Foi catedrático de Pedagoxía na Sorbonne e ocupou diversos cargos políticos relacionados coa educación. No 1871 ocupou o posto de inspector de primaria e despois, chamado por Jules Ferry, pasou ao ministerio como director de ensino primario; participou na elaboración de leis educativas, promoveu a Liga dos Dereitos Humanos e recibiu o Premio Nobel da Paz en 1927. Gracias ás súas investigacións, a pedagoxía acadou en Francia nivel universitario, fundou as escolas normais superiores para a formación de inspectores e profesores, defendeu o ensino laico e obrigatorio, e a escola cívica. É autor, entre outras obras, de Ditionnaire de Pédagogie (Dicionario de Pedagoxía, 1882-1893), Nouveau ditionnaire de Pédagogie et de l’Enseignement Primaire (Novo dicionario de Pedagoxía e ensino primario, 1911) e La religion, la morale et la science dans l’education contemporaine (A relixión, a moral e a ciencia na educación contemporánea, 1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Sicilia, Italia (62.708 h [1998]). É un centro comercial dunha área agrícola e mineira. Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o palacio Montcada e a catedral, ambos os dous barrocos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sicilia, Italia (2.128 km2; 283.433 h [1998]). A capital é Caltanissetta.
-
PERSOEIRO
Compositor. Foi cantante e organista da catedral de Tivoli e mestre de capela do Collegio Germanico de Roma. Considerado como un dos grandes mestres da cantata e do oratorio latino, posuía un notable sentido dramático e unha gran variedade de expresión melódica. Compuxo arredor de 130 cantatas con recitativos e arias, máis de 200 motetes, misas, pezas para órgano e, sobre todo, oratorios latinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta canadense de lingua inglesa. De tendencia posromántica, escribiu entre outras obras: Ballads of Lost-Heaven (Baladas do paraíso perdido, 1897), Songs from Vagabondia (Cancións de Vagabondia, 1894), Ballads and Lyrics (Baladas e poemas, 1902) e Poems (Poemas, 1904 e 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -