Boisserée

Boisserée

Familia de expertos en arte alemana. Sulpiz (1783 - 1854) e o seu irmán Melcior (1786 - 1851) reuniron unha importante colección de pinturas de primitivos xermánicos, que foi adquirida en 1827 polo Rei Luís I de Baviera e que pasou a formar parte da Münchener Alte Pinakothek. Promoveron a finalización das obras da catedral de Colonia e contribuíron á revalorización da arte medieval.