"Ilan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 152.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos perennes da familia das sinopteridáceas. Presentan un rizoma curto, frondes fasciculadas de pínnulas glabras, pecíolo de cor acastañada e soros sen indusio, na marxe das frondes. En Galicia están presentes as especies C. hispanica e C. tinaei en valados e fendas, ademais de C. acrostica e C. guanchica, en fendas de rochas calcarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de investigación teatral fundado en Milán en 1974 por diversos creadores preocupados polo estudo das diferentes modalidades e posibilidades de creación e comunicación teatral, e pola experimentación de novas linguaxes escénicas, amais de alentar espacios de interdisciplinariedade entre as diferentes expresións artísticas, mantendo unha actividade permanente ata finais da década de 1990. Á parte da produción de espectáculos e doutras manifestacións escénicas de corte experimental, ou da recuperación de formas teatrais tradicionais, como o teatro de monecos, no CRT tamén impartiron seminarios directores e artistas da categoría de Jerzy Grotowski, Bob Wilson, Tadeusz Kantor, Richard Formenan, Andrzej Wajda ou Merce Cunningham.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para tratar a opilación ou obstrución.
-
PERSOEIRO
Dominicano. Profesor de teoloxía en Alcalá, en 1698 foi nomeado confesor de Carlos II. Procesado por difundir a idea de que o rei estaba enfeitizado, pasou longos períodos en cárceres inquisitoriais ou recluído en diversos conventos. Declarado inocente baixo a influencia de Filipe IV (1704), foi nomeado bispo de Ávila, pero morreu antes de ocupar o cargo. O seu proceso publicouse entre 1787 e 1788.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto de silicio e hidróxeno que se presenta en estado líquido a temperatura ambiente. Son compostos análogos aos alcanos, aínda que menos estables.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Norma outorgada polos emperadores Constantino e Licinio no ano 313 d C que confirmaba o edicto de tolerancia de Sárdica e precisaba os seus termos. Supuxo a fin das persecucións contra o cristianismo, que acadou a categoría de relixión legal, polo que os seus seguidores puideron operar con liberdade e facer proselitismo. Ademais, a súa xerarquía puido acadar os mesmos privilexios xurídicos ca os membros dos cultos pagáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben diversos vermes da clase dos nematohelmintos que habitan no intestino das aves, especialmente nos falcónidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amor ao xénero humano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á filantropía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina baseada na filantropía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen destaca polo amor á humanidade e realiza accións en favor dos demais.
-
PERSOEIRO
Duque de Milán (1412-1417), fillo de Xoán Galeazzo I. Coñecido como Filipe María Visconti, sucedeu o seu irmán Xoán María I. Ocupou, entre 1416 e 1421, as cidades de Como, Lodi, Vercelli, Piacenza, Crémona, Bérgamo, Brescia e Xénova, o que provocou a alianza de Savoia, Venecia e Florencia para frear a súa expansión territorial. Tralos enfrontamentos, que tiveron lugar entre 1423 e 1441, viuse obrigado a ceder Vercelli, Bérgamo e Brescia e recoñecer a independencia de Xénova.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Milán (1450-1466), conde de Pavia e de Cotignola e señor de Piacenza, fillo do condottiere M. A. Sforza. De nome F. Sforza, entrou ao servizo de Filipe María I de Milán, venceu os venecianos e apoderouse da marca papal de Ancona e de parte de Umbria. Despois de ocupar Brescia casou coa filla do duque de Milán, Branca María Visconti, e recibiu o señorío de Cremona. Trala morte do duque milanés e a proclamación da República Ambrosiana en Milán, estivo ao mando dos exércitos milaneses fronte aos venecianos, aos que venceu en Caravaggio (1448). En 1450 suprimiu a república, fíxose proclamar duque e en 1664 ocupou Savona, a Riviera e Xénova. Moi influenciado polo humanismo, foi o artífice do desenvolvemento urbanístico e arquitectónico do ducado de Milán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco I de Francia.
-
PERSOEIRO
Duque de Milán (1521-1525? e 1529-1535), fillo de Ludovico o Mouro. Exiliouse en Alemaña trala ocupación do ducado por parte das tropas de Francisco I de Francia e en 1521 foi restablecido no trono milanés polo Emperador Carlos V e o Papa León X. Acusado de traizón polo marqués de Pescara, perdeu Milán ante Carlos V (1525) e non o recuperou ata 1529. Ao morrer sen descendencia lexítima, o ducado foi incorporado aos dominios da coroa hispánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica, composto de Frauji ‘señor’ e land ‘terra, patria’. San Froilán (833-905) é patrón do concello de Lugo. A súa festa celébrase o día 5 de outubro.
-
GALICIA
Bispo de León (900-905). Viviu como ermitán nos montes de Curueño dende o 851, na compaña do sacerdote mozárabe Atilano e dedicouse a predicar polo Bierzo. Tras fundar un mosteiro en Viseu, recibiu amplos poderes de Afonso III para que colaborase na repoboación e evanxelización dos territorios conquistados ata o Douro. Tamén fundou os mosteiros de Tábara e Moreruela de Tábara, dos que foi abade. No ano 900 foi ordenado sacerdote e logo consagrado bispo de León. Adquiriu sona de sabio e predicador, e mesmo de profeta. Principal patrón da cidade de Lugo e da súa diocese, as súas reliquias venéranse nas catedrais de León e Lugo. Na iconografía leva vestiduras de monxe ou de bispo con mitra e báculo, e como atributos un lobo amansado. A súa festividade celébrase o día 5 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, novelista e dramaturgo. Os seus dramas están dominados polo recoñecemento tráxico da imposibilidade de que o home se realice plenamente e, en conxunto, a súa obra caracterízase pola indagación do subconsciente e a crítica irónica da sociedade. Destaca a súa obra IV Henrik király (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Activo na Toscana (1346-1369), foi autor dos frescos da capela Rinucini, na sancristía de Santa Croce. O seu estilo presupón unha formación lombarda, na corrente de Giotto, e a influencia de Vitale da Bologna.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Coroa tecida con flores e ramas.
-
Motivo decorativo formado por follas, flores e froitos unidos por cintas de maneira que forman un todo continuo que colga por un dos seus extremos.
-