Froilán, san
Bispo de León (900-905). Viviu como ermitán nos montes de Curueño dende o 851, na compaña do sacerdote mozárabe Atilano e dedicouse a predicar polo Bierzo. Tras fundar un mosteiro en Viseu, recibiu amplos poderes de Afonso III para que colaborase na repoboación e evanxelización dos territorios conquistados ata o Douro. Tamén fundou os mosteiros de Tábara e Moreruela de Tábara, dos que foi abade. No ano 900 foi ordenado sacerdote e logo consagrado bispo de León. Adquiriu sona de sabio e predicador, e mesmo de profeta. Principal patrón da cidade de Lugo e da súa diocese, as súas reliquias venéranse nas catedrais de León e Lugo. Na iconografía leva vestiduras de monxe ou de bispo con mitra e báculo, e como atributos un lobo amansado. A súa festividade celébrase o día 5 de outubro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Regueiro dos Hortos, Lugo