"Ith" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 117.

  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Formouse na State University de Colorado. Pertence á saga familiar dos Carradine e estivo moi ligado aos círculos liberais de Broadway. Interpretou, entre outros filmes: A Gunfight (O gran duelo, 1971), Welcome to the L.A. (Benvido a Los Angeles, 1976), The Long Riders (Foraxidos de lenda, 1980), The Ballad of Sad Cafe (A balada do Sad Café, 1991) e A Thousand Acres (Douscentos acres, 1998). Gañou un Oscar á mellor canción pola longametraxe titulada Nashville (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates catarríneos cinocéfalos da familia dos cercopitécidos, de 35 a 70 cm de lonxitude e coas extremidades posteriores un pouco máis longas ca as anteriores. Viven en grupos familiares pouco numerosos e esténdense por todo o continente africano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi crítico literario e con Heretics (1905) iniciou as obras de pensamento de tendencia católica. Escribiu obras históricas e sociolóxicas de sentido demócrata e anticapitalista. Destacou tamén como poeta e como novelista, entre outras obras con The Man who was Thursday (1908) e coas narracións policíacas do Padre Brown (1911-1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión situada ao O do río Leitha, creada en 1867 pola lei que regulaba a división administrativa do Imperio Austro-Húngaro (dividido a partir dese momento entre Cisleithania e Transleithania). Comprendía a Alta e Baixa Austria, Bohemia, Moravia, Silesia, Galitsia, Bukovina, Istria e Dalmacia. Desapareceu en 1918, trala fragmentación do Imperio Austro-Húngaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Mar Mediterráneo, en Grecia, pertencente ao nomós da Ática, ao S do Peloponeso (262 km2; 3.469 h [1981]). A súa economía baséase na agricultura, principalmente no cultivo de viña e oliveiras. Os núcleos de poboación máis importantes son Citera e Pótamos. Politicamente, foi un punto estratéxico e serviu de ponte na expansión dos cretenses cara a Laconia e de avanzada na expansión doria. Adquirida polos fenicios no s X a C, someteuna Esparta e permaneceu no seu poder dende mediados do s VII ata o s V a C, cando a conquistou o ateniense Nicias no 424 a C. Nesta illa construíuse un gran santuario en honor da deusa Afrodita, pois, segundo a mitoloxía, naceu nas súas augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que editou a multinacional Citroën en 1979. Subtitulábase “Periódico de información del persoal de Citroën”. Incluía as seccións “Anuncios breves” e “Suxerencias”. Ilustrada en cor, informaba sobre temas relacionados coa empresa e cos intereses dos traballadores: actos, novidades, servicios, novos coches, vendas, concursos de debuxo e deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política francesa. Diplomada pola École des Hautes Études Commerciales e doutora en Demografía. Politicamente próxima a Mitterrand, formou parte do Comité Director do Parti Socialiste dende 1974 ata 1990. Foi ministra de Agricultura (1981-1983), Comercio Exterior e Turismo (1983-1984), Desenvolvemento Industrial e Comercio Exterior (1984-1986) e Asuntos Europeos (1988-1990). Entre 1991 e 1992 converteuse na primeira muller que ocupou o cargo de primeira ministra de Francia. Entre 1995 e 1999 foi membro da Comisión Europea encargada de ciencia, investigación e desenvolvemento, centro común de investigación, recursos humanos, educación, formación e xuventude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil de primates catarrinos que podería identificarse cun antecesor do moderno xibón, e que foi descrito por Andrews e Simons no ano 1977 a partir de restos procedentes do Mioceno localizados en Kenya. Descrito polos seus descubridores como un cercopitecoideo, Feagle (1988 e 1999) e Szalay e Delson (1979) considerárono un hominoideo, aínda que o primeiro o inclúe entre os proconsulidos e os segundos entre os pliopitécidos. De extremidades longas e delgadas, canino sobresaínte e con tres premolares sectoriais, viviu en bosques densos, alimentábase de froitas, follas e flores, e chegou a medir ata 60 cm de altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de simios de ata 60 cm de lonxitude, co cranio con crista saxital reducida. Gabeador e arborícola, no chan desprazábase principalmente a catro patas, e apoiábase nos nocellos das mans, aínda que eventualmente adquiría a posición bípeda. Eran principalmente animais frutívoros. Os xacementos máis antigos están no leste de África, dende onde emigrou ata Europa e Asia. Propios do Mioceno, os xacementos máis importantes están en Francia, Grecia, o Cáucaso e Kenya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Edite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abū-l-asan al-Muhtar ibn Bulan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos túrdidos, ao que pertence o paporrubio común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e pintor. Principiou os seus estudios de arte no City College de Nova York; posteriormente trasladouse á Academia de Belas Artes de Múnic. De regreso aos EE UU, converteuse en pintor modernista, relacionouse co círculo de Stieglitz e foi cofundador da Photo-Secession. En 1906 trasladouse novamente a Alemaña, onde destacou como pintor de moda. Dende 1918 exerceu como profesor de fotografía artística na Kunstakademie de Leipzig. Nos seus traballos fotográficos combinou algunhas técnicas que aprendeu da pintura, pois manipulaba as súas imaxes co emprego de lapis, tinta e plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador. Discípulo de R. Peake e de J. Payne, loitou en favor da monarquía e tivo que exiliarse a Francia, onde traballou con R. Nanteuil. En 1650 estableceuse en Londres e especializouse no gravado de retratos, aínda que tamén gravou os seus debuxos tomados do natural e obras doutros pintores. Foi autor de The art of graving and etching (A arte do gravado e a augaforte, 1662). O seu fillo, William Faithorne o Novo (Londres 1656-1710), foi tamén gravador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Feminista canadense. Cofundadora do movemento Radical Woman (1967), na súa obra The dialectic of sex (1973) argumenta que só existirá unha auténtica liberación da muller cando esta rompa co seu rol na familia biolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Arkansas, EE UU (80.268 h [2000]), situada na beira dereita do río Arkansas. Posúe refinerías de petróleo e gas natural na conca petrolífera de Oklahoma-Arkansas, feito que a converte nun gran centro industrial. Fundada como posto militar en 1817, transformouse nun importante centro comercial coa febre do ouro. Do seu patrimonio cultural destaca Fort Smith National Historic Site.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e arqueólogo inglés. En 1850 abriu unha editorial e a partir dese momento dedicouse a fotografar ruínas de catedrais e pontes ferroviarias. Realizou tres viaxes a Exipto e Palestina (1856-1860), onde empregaba o proceso do colodión húmido; alí conseguiu imaxes de diferentes desertos. Ao seu regreso a Inglaterra vendeu unha serie de vistas que se recollían en 76 álbums co título de Egypt and Palestine Photographed and Described by Francis Frith. Outras tantas imaxes apareceron reunidas en 60 álbumes titulados Cairo, Sinai, Jerusalem and the Pyramids of Egypt. Co tempo especializou a súa editorial Frith & Co en tarxetas postais e contratou fotógrafos de todo o mundo para que lle subministraran diferentes vistas. Ademais, publicou o traballo doutros destacados fotógrafos do momento, como Roger Fenton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. Nos seus estudios sobre o desenvolvemento da economía norteamericana trala Segunda Guerra Mundial analizou a incidencia dos oligopolios sobre o mercado libre e realizou unha crítica ao papel da publicidade nas sociedades capitalistas, nas que defendeu unha relativa intervención do Estado. Editor da revista Fortune, foi autor de publicacións como A Theory of Price Control (1952), American Capitalism (1952), The Affluent Society (1958), The New Industrial State (1967), Economics and the Public Purpose (1973), The Age of Uncertainty (1976) e The Good Society: the humane agenda (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, novelista e dramaturgo irlandés. A súa primeira obra dramática foi The Good Natured Man (1768), pero con She Stoops to Conquer (1773) foi coa que estableceu os ideais da obra cómica do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Coñecido como Mathis Grünewald, foi pintor de cámara do arcebispo elector de Maguncia (1508-1524). En 1527 trasladouse a Halle por mor da súa inclinación luterana. A súa obra, que reflicte o coñecemento da arte italiana do Renacemento, enraízase no gótico alemán de Jan Polack e Hans Burgkmair. O seu estilo manifestouse no retablo de Isenheim (1513-1515).

    VER O DETALLE DO TERMO