"Kra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 51.

  • CIDADES

    Cidade da oblast´ de Donets´k, Ucraína (187.476 h [1999]). É un dos centros máis importantes do país en produción de maquinaria pesada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nova York 1913 - Los Angeles 21.2.2001) Produtor e director cinematográfico. Produciu filmes de directores como Fleischer, Robson ou Zinnemann e, posteriormente, dirixiu distintas películas sobre temas polémicos, como The Pride and Passion (1957), The Defiant Ones (1958), Judgement at Nuremberg (1961), Guess Who’s Coming to Dinner (1966) ou The Runner Stumbles (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Alemaña ? - Vigo 12.4.1903) Editor e impresor. Instalou os seus obradoiros tipográficos en Vigo en 1895. Especializado na literatura española do Século de Ouro, mantivo unha estreita relación con destacados estudiosos, como Menéndez Pelayo, A. Bonilla e San Martín. Tirou do prelo unha serie de coidadas edicións de El Conde Lucanor, La Celestina e El Diablo Cojuelo, todos eles cos seus correspondentes estudios e prólogos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de carga continua dun cable telefónico, ideado por C. E. Krarup (1872 -1909), que consiste en dispoñer helicoildalmente un enrolamento de ferro ou dunha aliaxe magnética ao redor de cada un dos condutores do cable. Emprégase especialmente nos cables submariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Península Balcánica que se estende desde o golfo de Trieste ata Rijeka e separa Eslovenia da península de Istria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Dubiecko, Galitsia 1735 - Berlín 1801) Poeta polaco. Bispo de Varnia (1766), foi un dos autores satíricos máis interesantes e o poeta máis destacado da Ilustración en Polonia. Ademais de traducir a Plutarco e escribir tratados de poesía, publicou Bajki (Fábulas, 1779) e Stayry (Sátiras, 1779).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Podveskij 1896 - Moscova 1926) Microbiólogo. Estudioso da microbioloxía do solo, foi o primeiro en identificar os actinomicetos como bacterias e desenvolveu en 1941 un sistema de clasificación bacteriana. En 1938 foi o iniciador na URSS dos estudios sobre os antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (París 1812 - 1859) Escritor. Dedicouse á prosa e ao drama histórico, fantástico e de terror. A súa obra máis reeditada é Nieboska komedia (Comedia non divina, 1835), aínda que    tamén escribiu poesía, como Przedświt (Antes da alba, 1843). Narrou o enfrontamento da aristocracia e o nacemento dun tempo novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Donets’k, Ucraína (70.000 h [1987]). A súa economía baséase na extracción de carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do kraj de Krasnodar, Rusia (650.000 h [1997]). A súa economía baséase na fabricación de instrumentos de precisión e compresores, e na refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kraj de Rusia (76.000 km2; 5.009.800 h [estim1999]). A capital é   Krasnodar. É unha das rexións agrícolas máis importantes de Rusia e predomina a gandería porcina. O litoral do Mar Negro é un importante recurso turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Moscova, Rusia (89.000 h [estim 1997]). Destaca na súa economía a fabricación de aparatos fotográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do kraj de Krasnojarsk, Rusia (874.000 h [1997]). Atravesada polo río Ienisei é un gran núcleo industrial de Siberia Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kraj de Rusia (2.339.700 km2; 3.075.600 h [estim 1999]). A capital é Krasnojarsk. Na súa economía predomina a industria, sobre todo a extractiva. Na parte meridional e central predomina a agricultura e a gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Lugansk, Ucraína (113.000 h [estim 1991]). A súa economía baséase na extración de carbón, construcións mecánicas e na industria madeireira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Las Palmas 1927 - Madrid 10.9.1999) Tenor. Estudiou en Barcelona, València e Milán, neste último lugar da man da soprano Mercedes Llopart. Debutou no Cairo con Rigoletto (1956) e posteriormente completou unha carreira musical nos mellores escenarios do mundo. Especializouse no repertorio romántico francés (Bizet, Massenet, Gounod, Offenbach), pero tamén destacaron as súas interpretacións de Donizetti e algúns papeis de Verdi. Realizou numerosas gravacións discográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de receptores, de aspecto bulboso, sensibles ao frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Eisenberg, Saxonia 4.5.1781 - Múnic 27.9. 1832) Filósofo. Estudiou na Universidade de Jena cando estaban como profesores I. H. von Fichte e F. W. J. von Schelling. En 1831 trasladouse a Múnic. A filosofía de Krause, con seguidores en Bélxica, Países Baixos e, sobre todo, España, aspiraba a ser a verdadeira continuadora da filosofía kantiana, que el consideraba que fora mal interpretada por Fichte, Schelling e G. W. F. Hegel. O seu sistema, chamado panenteísmo, non identifica o mundo e Deus, senón que afirma a realidade do mundo-en-Deus e presenta a historia como a ascensión racional do home a Deus e como o descenso de Deus ao home. A súa metafísica aplicouse á ética e á filosofía do dereito e rexeitou a visión hegeliana do estado. A súa obra abrangue un amplo abano de disciplinas e problemas filosóficos, destacan Das Urbild der Menschheit (O ideal da humanidade, 1811), Entwurf des Systems der Philosophie (Esbozo do sistema de filosofía, 1804) e Reine allgemeine...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica que toma como base o pensamento de Karl Christian Friedrich Krause, que el denominou racionalismo harmónico. Defende o panenteísmo, no que afirma a realidade do mundo como mundo-en-Deus. Fronte á teoría absolutista do estado, resalta a importancia de asociacións chamadas de finalidade universal, como a familia e a nación. Na obra Das Urbild der Menschheit (O ideal da humanidade, 1811) inclúense Os mandamentos da humanidade, esencia da ética krausista. Entre os krausistas cómpre citar a Röder, Schliephake e Leonhardi; e Tiberghien, Ahrens e Nieuwenhuis, que difundiron as doutrinas en Bélxica e Países Baixos. En España o krausismo converteuse nun movemento de renovación espiritual e, en particular, educativa. Un dos principais krausistas españois foi Julián Sanz del Río que, en 1857, redactou un escrito curto titulado Racionalismo armónico, definición y principios. A mediados de 1860 apareceu o seu Ideal de la humanidad...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a K. Ch. F. Krause ou ao krausismo.

    2. Seguidor de K. Ch. F. Krause ou do krausismo.

    VER O DETALLE DO TERMO