Krapf, Eugenio

Krapf, Eugenio

(Alemaña ? - Vigo 12.4.1903) Editor e impresor. Instalou os seus obradoiros tipográficos en Vigo en 1895. Especializado na literatura española do Século de Ouro, mantivo unha estreita relación con destacados estudiosos, como Menéndez Pelayo, A. Bonilla e San Martín. Tirou do prelo unha serie de coidadas edicións de El Conde Lucanor, La Celestina e El Diablo Cojuelo, todos eles cos seus correspondentes estudios e prólogos.

Palabras veciñas

2 kraj* | Kramators’ke | Kramer, Stanley | Krapf, Eugenio | krarupización | Kras | Krasicki, Ignacy