"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • Provincia da Comunitat Valenciana [5.863 km2; 1.379.762 h (1996)]. A súa capital é Alacant. Outras localidades importantes son Alcoi, Benidorm, Crevillente, Elda, Elx e Orihuela. O seu litoral é un dos principais focos de turismo na Península Ibérica e os produtos da súa industria do calzado e do xoguete son moi apreciados nos mercados internacionais. A demarcación provincial ten a súa orixe na prefectura bonapartista establecida en 1810, recuperada polo goberno liberal na división provincial de 1822.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome galeguizado de Alacant.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Alacant ou aos seus habitantes.

    2. Habitante ou natural de Alacant.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe semellante á sardiña, de 20 a 30 cm de lonxitude, cunha franxa dourada lonxitudinal a cada lado do corpo. Ten os opérculos lisos, á diferenza da sardiña, que os ten estriados. É unha especie propia do Mediterráneo meridional, de interese comercial considerable.

    2. zamborca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Ribadeo. Outra variante deste apelido é Alache. As súas armas levan sobre ondas de prata e azur un alacha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que pertence ao grupo dos cloracetanilidas e que actúa como herbicida. O seu mecanismo de acción é interferir a síntese de proteínas. Actúa sobre algunhas plantas monocotiledóneas de carácter anual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Teruel [481 h (1996)] onde se localizan unha serie de abeiros rochosos pintados con arte levantina. Un grupo de escenas representan mulleres realizando tarefas de recolección agrícola, plantadores con paos e mesmo un posible xinete a cabalo. Outros grupos semellan representar escenas de loita e danzas de guerreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. escorpión.

    2. As crenzas tradicionais fan mortal a picadura do alacrán, o que se reflicte nos versos populares que rezan: “se te morde o alacrán / busca viño e busca pan, / sacerdote e sacristán, / que mañá te enterrarán”.

    3. Nome xenérico de eirugas grandes e peludas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Combinación mediante un catalizador dun isoalcano cun alqueno, para obter hidrocarburos saturados ramificados de número de octanos elevados (alquilado). As materias primas empregadas son, dunha banda, o isobutano e o isopentano (empregadas en exceso), e da outra, normalmente, o propeno, os butenos e o isobuteno ou as súas mesturas. A reacción é complexa, e a mestura de hidrocarburos separada por decantación fracciónase para illar o alquilato dos produtos volátiles.

    2. Introdución dun grupo alquilo nunha molécula orgánica. A alquilación pode ter lugar sobre un carbono, un nitróxeno, un osíxeno ou un xofre. Os principais reactivos alquilantes son os haluros e os sulfatos de alquilo, e máis raramente outros compostos. Son exemplos importantes: a alquilación dos hidrocarburos aromáticos por reacción de Friedel e Crafts, a alquilación de amoníaco e as aminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un ambulacro, integrado por ambulacros.

    2. Conxunto de canais e vesículas distribuídos polo corpo dos equinodermos, a través dos que circula a auga. Denominado tamén sistema acuífero, ten unha función circulatoria, respiratoria e locomotora.

    3. ambulacro.

    4. Cada unha das placas do exoesqueleto de moitos equinodermos que, dispostas en dúas fileiras, forman o suco ou a zona ambulacral, por onde saen os ambulacros.

    5. Cada un dos orificios que presentan as placas ambulacrais, polos que saen cara a fóra os ambulacros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tentáculo propio dos equinodermos, con función sensorial e respiratoria principalmente. Presenta ás veces unha ventosa terminal, adhesiva e protráctil, que serve para a captura do alimento e para a locomoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Da natureza do amidón, que contén amidón.

    2. En sentido estricto, amidón dos vexetais e, en particular, o das sementes dos cereais (trigo, cebada, arroz e millo, entre outros), a fécula de patata, a tapioca e o arrowroot. En sentido amplo pódense incluír en ocasións, as dextrinas, que en certos vexetais coexisten co amidón, e o glucóxeno dos organismos animais e dos fungos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de amolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semellante a unha ampola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anafilaxe.

    2. Dise dun organismo caracterizado por unha extrema ou anormal sensibilización a unha proteína que lle resulta estraña.

    3. Aparición violenta dunha síndrome moi grave que se presenta como consecuencia dunha reacción antíxeno-anticorpo, despois da inxección dun antíxeno nun organismo que estaba sensibilizado a el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica de diversas reaccións empregadas para a construción de aneis carbonados a partir dun composto cíclico preexistente e dun fragmento de cadea aberta. Un exemplo coñecido é a anelación de Robinson.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aniquilar.

    2. Desaparición dunha partícula cando atopa a súa antipartícula, do que resulta un conxunto doutras partículas. Esta reacción está permitida pola lei de conservación da masa-enerxía: a enerxía total inicial da parella partícula-antipartícula transfórmase en enerxía cinética das novas partículas. Cando toda a enerxía inicial se transforma en enerxía cinética de partículas sen masa, a materia desaparece e transfórmase en radiación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Interrupción espontánea ou provocada da ovulación.

    2. Falta de ovulación provocada pola administración dunha substancia ou pola realización dunha práctica anovulatoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anticipación do momento en que sucede unha cousa con respecto a outra, qure sucede posteriormente.

    2. Anticipación do momento en que sucede algo e outro posterior no que se esperaba que sucedese.

    VER O DETALLE DO TERMO