ambulacral
ambulacral
(
-
adx
[ANAT]
Relativo ou pertencente a un ambulacro, integrado por ambulacros.
-
aparello ambulacral
[ANAT]
Conxunto de canais e vesículas distribuídos polo corpo dos equinodermos, a través dos que circula a auga. Denominado tamén sistema acuífero, ten unha función circulatoria, respiratoria e locomotora.
-
pé ambulacral
[ANAT]
ambulacro.
-
placa ambulacral
[ANAT]
Cada unha das placas do exoesqueleto de moitos equinodermos que, dispostas en dúas fileiras, forman o suco ou a zona ambulacral, por onde saen os ambulacros.
-
poro ambulacral
[ANAT]
Cada un dos orificios que presentan as placas ambulacrais, polos que saen cara a fóra os ambulacros.