"Lewis" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 28.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto arsenical clorado, que se presenta en forma de líquido de cor variable, desde amarelo ata negro, na súa forma impura, e de olor semellente ao do xeranio. Emprégase como arma de guerra, producindo ampolas na pel e nas membranas mucosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lev Milstein.
-
PERSOEIRO
Etnólogo. Foi un dos principais representantes da teoría evolucionista no terreo da antropoloxía cultural. Estudou a evolución da familia, o matrimonio, a propiedade e o estado a través das épocas e os pobos, e afirmou que hai tres etapas culturais que marcan o progreso da humanidade, o salvaxismo, a barbarie e a civilización. Escribiu Ancient Society (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, crítico e erudito galés. Coñecido como Llewelyn Ddu o Fôu, combinou o neoclasicismo da época coa tradición bárdica do pasado galés. A correspondencia que mantivo cos seus irmáns ten un gran valor histórico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Urbanista estadounidense. Foi profesor na Stanford University (1942-1944) e na UNiversity of Pennsylvania (1951-1959). Desde 1920 publicou críticas arquitectónicas de historia urbana e de planificación, como The Culture of the Cities (1928) e The City in the History (1961). Denunciou os aspectos deshumanizadores da sociedade tecnificada en The Myth of the Machine (1967-1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Profesor das universidades de Michigan (1955-1963) e, desde 1963, de Stanford, os seus estudos confirmaron a existencia da partícula subatómica tau, polo que recibiu o Premio Wolf de Física (1982) e o Premio Nobel de Física (1995), compartido con Frederick Reines.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo estadounidense. Estudou a psicoloxía diferencial e a intelixencia do infante superdotado, e das súas obras destacan The Measurement of Intelligence (1916) e Genetic Studies of Genius (1926-1959).
VER O DETALLE DO TERMO -