"Lexo" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 36.

  • Acción de gorgolexar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento dun espazo vectorial de máis de dúas dimensións onde está definido, ademais da adición característica dos espacios vectoriais, un produto que lle dá unha estrutura de anel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reflexo producido por un estímulo ou unha irritación orixinada no mesmo organismo en que sucede. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combinación formada por un antíxeno e o seu anticorpo específico. O depósito de inmunocomplexos nun tecido determinado pode desencadear a activación do complemento e a conseguinte resposta inflamatoria que, secundariamente, é capaz de producir unha lesión tisular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra de afiar de forma redonda que se coloca nun eixe horizontal sobre un recipiente con auga na que se molla ao xirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que permite que diversos sinais compartan unha mesma canle de transmisión. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está dubidoso e non sabe que decisión tomar ou como actuar. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rede de filamentos nerviosos ou vasculares.

    2. Plexo nervioso simpático que está situado preto da aorta.

    3. Plexo que dá troncos nerviosos para a innervación do membro superior, o pescozo e parte do peito e do ombreiro.

    4. Cordón vascular que a piamáter forma ao introducirse nos ventrículos laterais do cerebro.

    5. Plexo de fibras nerviosas que está situado entre as túnicas do estómago e do intestino delgado. OBS: Tamén se denomina plexo submucoso de Meissner.

    6. Plexo nervioso simpático, situado diante da aorta e do sacro, con moitas ramas que acompañan as arterias, que innervan esta rexión.

    7. Plexo de fibras nerviosas simpáticas que está situado entre as capas musculares do intestino. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se reflectiu.

      2. Luz reflectida.

      3. Imaxe producida por reflexión.

      1. Que se realiza de maneira involuntaria.

      2. Actividade involuntaria, automática e estereotipada do sistema nervioso que determina unha resposta a través dun órgano (efector) a un impulso que ten a súa orixe no receptor externo (exteroceptor) ou interno, tanto visceral coma osteoarticular ou muscular (propioceptor). Os elementos anatómicos que interveñen no reflexo constitúen o denominado arco reflexo, constituído esquematicamente por un receptor periférico, unha vía centrípeta ou aferente que conduce o impulso nervioso cara ao centro, un centro nervioso constituído por unha neurona (reflexo monosináptico) ou máis (reflexo polisináptico), unha vía eferente que conduce o impulso cara á periferia, e un órgano efector (músculo ou glándula). OBS: Tamén se denomina acto reflexo, acción reflexa ou movemento reflexo.

      3. reflexo condicionado /

        Reflexo desencadeado por un estímulo antes neutro (estímulo condicionado) pola súa asociación durante un tempo determinado co estímulo propio do reflexo (estímulo incondicionado). O estudo dos reflexos condicionados desenvolveuse, a partir de 1903, por Ivan Petrovič Pavlov, baseándose sobre todo na experimentación sobre a secreción das glándulas salivares nos cans, e deu lugar á reflexoloxía. Ten unha importancia particular, polo que respecta á aprendizaxe, a repercusión dos reflexos condicionados no ámbito da educación.

      4. reflexo cutáneo

        Contracción dun músculo ou grupo muscular pola excitación dunha determinada zona cutánea ou mucosa.

      5. reflexo de axón

        Reflexo producido sen participación do centro nervioso.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente da psicoloxía iniciada a principios do s XX que intenta explicar o comportamento a partir do funcionamento do sistema nervioso, considerando que a conduta pode ser reducida a varios actos reflexos e a diferentes mecanismos cerebrais. Foi iniciada polos fisiólogos rusos Ivan Petrovič Pavlov e Vladimir Mikhajlovič Bekhterev, a partir de experiencias en psicoloxía animal. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización terapéutica dos reflexos condicionados. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está curvado cara a abaixo ou cara a atrás.

    2. Que se articula por retroflexión. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura proteica que aparece durante a profase meiótica e que intervén no entrecruzamento dos cromosomas homólogos que interveñen na sinapse. A súa función é a de manter unidas as rexións homólogas dos cromosomas homólogos durante a profase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa de televisión que informa sobre os acontecementos máis destacados do día en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural que constitúe un sistema litoral formado pola enseada do Grove, a praia da Lanzada, a punta Carreirón e a lagoa de Bodeira. A enseada do Grove presenta extensas chairas intermareais fango-areosas e diversos illotes en que se sitúan importantes colonias de aves mariñas. A lagoa de Bodeira, na península do Grove, é a única lagoa costeira da provincia de Pontevedra. Foi incluído como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Complexo Ons-O Grove na proposta da Rede Natura 2000 en 2001. Ademais foi declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona Ramsar.

    VER O DETALLE DO TERMO