plexo
plexo
(< lat plexu ‘entrelazado’)
-
s
m
[ANAT]
Rede de filamentos nerviosos ou vasculares.
-
plexo aórtico
[ANAT]
Plexo nervioso simpático que está situado preto da aorta.
-
plexo cervicobraquial
[ANAT]
Plexo que dá troncos nerviosos para a innervación do membro superior, o pescozo e parte do peito e do ombreiro.
-
plexo coroide
[ANAT]
Cordón vascular que a piamáter forma ao introducirse nos ventrículos laterais do cerebro.
-
plexo de Meissner
[ANAT]
Plexo de fibras nerviosas que está situado entre as túnicas do estómago e do intestino delgado. OBS: Tamén se denomina plexo submucoso de Meissner.
-
plexo lumbosacro
[ANAT]
Plexo nervioso simpático, situado diante da aorta e do sacro, con moitas ramas que acompañan as arterias, que innervan esta rexión.
-
plexo mientérico/de Auerbach
[ANAT]
Plexo de fibras nerviosas simpáticas que está situado entre as capas musculares do intestino. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].