Pleydenwurf, Hans
Pleydenwurf, Hans
Pintor alemán. Influído polos pintores flamengos, especialmente por Roger van der Weyden, traballou en Cracovia e sobre todo en Nuremberg, onde a súa escola tivo continuidade. Da súa obra destaca Retrato de Georg von Lövenstein e as escenas da infancia de Xesús Cristo no retablo maior da igrexa de Santa Elisabeth en Breslau.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bamberg -
Deceso
Lugar : Nuremberg