"Lippe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 40.

  • Porción dunha unidade alóctona illada normalmente a causa da erosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Interesado primeiro pola mineraloxía e as técnicas metalúrxicas, decantouse despois pola botánica, en particular a pirenaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Alemaña, afluente do Rin pola dereita, que atravesa o val de Westfalia de L a O. Ten unha lonxitude de 255 km dos que 211 km son navegables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Óptico neerlandés. En 1608 reivindicou a invención da lente de longa vista, que algúns investigadores atribuíran a Zacharias Jansen en 1590.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés, conde de Douai. Coñecido como Merlin de Douai, foi deputado nos Estados Xerais (1789) e conseguiu a abolición do dereito de primoxenitura. Membro xacobino da Convención Nacional e do Comité de Salvación Pública, foi ministro de Xustiza (1795-1797) e formou parte do Directorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés, señor Du Plessis-Marly. Coñecido como Philippe Duplessis-Mornay, desde 1575 foi conselleiro de Enrique III de Navarra (futuro Enrique IV de Francia). A pesar da conversión de Enrique IV foille fiel, e tras a morte deste en 1610 defendeu a moderación dos hugonotes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico francés. Tras os seus comezos no teatro clásico, participou tanto en comedias como en dramas dirixidos por Hitchcock, Malle ou Tavernier. Dos seus filmes destacan La Pointe Courte (1956), Zazie dans le Metro (1960), Topaz (1969), Tendre poulet (1973), Le juge et l’assasin (1976), Cinema Paradiso (1989), Soleil (1997) e Ripoux 3 (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e estadista francés. Durante a Primeira Guerra Mundial participou na ofensiva de Champagne (1915) e dirixiu a defensa de Verdun (1916), coa que se gañou a consideración de heroe nacional. Comandante en xefe do exército francés (1917) e mariscal (1918), tras a derrota francesa de 1940 solicitou o armisticio aos alemáns e colaborou con eles. Fundou un estado totalitario con capital en Vichy e asumiu as funcións de xefe de estado. Afastado da política de estreita colaboración con Hitler desde 1942, os alemáns restáronlle poder real e forzaron o nomeamento de P. Laval como viceprimeiro ministro. Intentou, sen éxito, aproximarse de maneira secreta aos aliados e ao rematar a guerra foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada por cadea perpetua (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e teórico musical francés. Coñecido tamén como Philippus De Vitriaco, estudou na Sorbonne. Posteriormente exerceu como secretario do Rei Carlos IV e encargouse de diversas misións diplomáticas e políticas. É autor de teorías sobre música medida e de leis do contrapunto que deron coherencia ao movemento denominado ars nova. Deixou unha ducia de motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo. Cultivou todos os xéneros, como a comedia en Les rivales (1653), pero sobre todo a traxedia, como Agrippa (1662). A partir de 1672 dedicouse a escribir libretos de ópera para o compositor Lulli, como Alceste (1674).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. O seu Traité de l’harmonie (1722) contribuíu a establecer as bases da linguaxe musical moderna. En 1723 marchou a París, onde publicou obras para clavecín e acadou sona como virtuoso do órgano. Compuxo óperas como Hippolyte et Aricie (1733), Castor et Pollux (1737) e as óperas-ballet Les Indes galantes (1735) e Platée (1745). Cando se produciu a Querelle des Bouffons, foi considerado o expoñente da escola musical francesa tradicional. Deixou tamén Pièces de clavecin en concerts (1741) e un gran número de obras teóricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. En 1776 ingresou no rexemento de gardas valóns de Carlos III. Durante a Guerra da Independencia (1808-1814), dirixiu a expedición que liberou Zaragoza (1808). Volveu á Península Ibérica en 1814 e foi capitán xeneral de Galicia, València e Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado soberano alemán formado en 1807 ao erixirse en principado do Sacro Imperio o condado de Schaumburg-Lippe. Durou ata 1918, cando abdicou o derradeiro príncipe, e converteuse nun estado libre ata 1946, que foi incorporado ao land de Baixa Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Philippe Joyaux, deuse a coñecer coa novela de análise Une curieuse solitude (1959). Cultivou tamén o ensaio e recolleu unhas conversas con David Hayman no libro Vision à New York (1981). Tamén destacan as súas obras Le Secret (1993) e Venise Éternelle (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Formou parte do movemento dadá e fundou, con A. Breton e L. Aragon, a revista surrealista Littérature (1919), onde publicou, en colaboración con Breton, Les champs magnetiques (1920). Dos seus libros poéticos destaca Poèmes retrouvés 1918-1981 (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo, gravador e teórico da arte, conde de Caylus. Gran viaxeiro, foi coleccionista de obras de arte antiga. Publicou, entre outras obras, Recueil d’antiquités (1752-1757) e Nouveaux sujets de peinture et sculpture (1755), onde se identificaba coa arte galante de Antoine Wateau ou François Boucher.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, conde de Villiers de L’Isle-Adam. En París coñeceu a Ch. Baudelaire, a través de quen coñeceu a Edgar A. Poe. Ademais de poesía, escribiu as novelas L’Eve future (1886), L’amour suprême (1886) e Tribulat Bonhomet (1887), as narracións recollidas en Contes cruels (1883) e Nouveaux contes cruels (1888), e o drama Axel (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran mestre da orde de San Xoán de Xerusalén. Dirixiu a defensa de Rodas, onde estaba o centro da orde, contra Solimán II, pero tivo que capitular e abandonar a illa (1522). Obtivo de Carlos V o arquipélago maltés, onde instalou a residencia da orde (1530).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Philippe de Vitry.

    VER O DETALLE DO TERMO