Pétain, Henri-Philippe-Omer
Militar e estadista francés. Durante a Primeira Guerra Mundial participou na ofensiva de Champagne (1915) e dirixiu a defensa de Verdun (1916), coa que se gañou a consideración de heroe nacional. Comandante en xefe do exército francés (1917) e mariscal (1918), tras a derrota francesa de 1940 solicitou o armisticio aos alemáns e colaborou con eles. Fundou un estado totalitario con capital en Vichy e asumiu as funcións de xefe de estado. Afastado da política de estreita colaboración con Hitler desde 1942, os alemáns restáronlle poder real e forzaron o nomeamento de P. Laval como viceprimeiro ministro. Intentou, sen éxito, aproximarse de maneira secreta aos aliados e ao rematar a guerra foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada por cadea perpetua (1945).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cauchy -
Deceso
Lugar : Calais -
Deceso
Lugar : Île d’Yeu