"Llares" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 29.
-
GALICIA
Eclesiástico e escritor. Doutourado en Filosofía e Teoloxía, foi lector na catedral de Lugo desde 1638 e director da arquiconfraría da patroa de Lugo, a Virxe dos Ollos Grandes. Escribiu numerosas obras, das que destaca Argos Divina Sancta María de Lugo de los Ojos grandes. Fundación, y Grandezas de su Iglesia, Sanctos naturales, Reliquias, y Venerables Varones de su Ciudad, y Obispado, Obispos y Arçobispos que en todos Imperios la governaron (1700).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora. Doutorouse en Historia e é catedrática de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre a presenza monástica en Galicia e sobre a mentalidade colectiva e o papel da muller na evolución histórica. Das súas obras destacan El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval (1979), A Vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500) (1993) e Ilduara, una aristócrata del siglo X (1998), e con Ermelindo Portela Silva El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social (1971), Galicia na época medieval (1991) e De Galicia en la Edad Media, sociedad, espacio, y poder (1993). Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en 1816 por Fernando VII a Manuel Xosé de Pallares e Correa e Gayoso e Somoza , señor da casa-torre de Outeiro, rexedor perpetuo de Lugo e cabaleiro da orde de Carlos III. O primeiro conde de Pallares morreu sen descendencia e o título pasou a Manuel de Taboada e Pallares , II conde de Pallares. Este deixoulle o condado a Manuel Vázquez de Parga e Somoza e Pallares (Vilalba 1828-Madrid 1908), político e xurista, que foi deputado e senador vitalicio a partir de 1877. O IV conde de Pallares foi Manuel Ramón Vázquez de Parga e de la Riva e Somoza (Lugo 1862-?), quen recibiu o título en 1902. Luis Vázquez de Parga y Iglesias , de orixe madrileña, foi o V conde de Pallares. Catedrático e escritor, foi doutor en Filosofía e Letras, membro da Real Academia de la Historia e director en funcións do Museo Arqueológico Nacional (1966). O VI conde de Pallares foi Luis...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (2.701 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos da vide, oliveira e ervellas de ceratonia, así como na industria química.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista, III conde de Pallares. Estudou leis en Salamanca, Santiago de Compostela e Madrid, onde se graduou en 1851. Foi membro do Consello de Estado (1893-1904) e do Tribunal Contencioso-Administrativo (1897), deputado polos distritos de Lugo (1857-1858), Mondoñedo (1863-1864) e Vilalba (1871-1872, 1876-1877) e senador por Lugo (1872), vitalicio desde 1877. Fundou El Correo de Lugo (1860) e cofundou e dirixiu El eco de Galicia (1872). Recibiu, entre outros galardóns, as cruces de Carlos III e Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Salamanca, Castela e León, a 4 km da capital provincial (3.081 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia (1981) e catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987, especializouse en historia agraria, historiografía e historia xeral de Galicia. Ten feito estadías de investigación na Università de Bologna e no centro Alcide Cervi de Roma e foi profesor convidado na École des Hautes Études de París e no Instituto de Ciências Sociais de Lisboa. Director do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e vicepresidente da Fundación Otero Pedrayo desde 2005, foi decano da facultade de Xeografía e Historia (1986-1990), reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994), membro fundador e presidente (1996-2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea e director en Galicia da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1998-2006). Pertence tamén ao Padroado do Museo do Pobo Galego e á Fundación Luis Seoane e en 2005 foi elixido académico de número da Real Academia Galega. Forma parte do consello...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilaza (Gondomar). Ten planta en forma de U cun patio ante a fachada principal. No lado esquerdo conserva unha escaleira que dá acceso ao patín e no corpo central, na parte baixa, destaca un arco carpanel. Na fachada sur destaca un sorportal formado por cinco arcadas e unha solaina cuberta. Conserva unha pedra de armas.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado na confluencia dos ríos Eliche e Frío (5.083 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de secaño e de regadío e no gando bovino e ovino.
VER O DETALLE DO TERMO