"Lodi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 50.

    1. Sistema de transmisión de programas, especialmente musicais, por medio de radioondas de lonxitude de onda moi longa, transmitidas a través das liñas telefónicas destinadas ao servizo telefónico normal entre abonados. Os distintos programas pódense sintonizar mediante un aparello receptor especial.

    2. Sistema de transmisión de programas de televisión mediante a utilización de cables coaxiais de banda ancha ou de cables de fibra óptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pecíolo en forma de lámina foliácea que substitúe o limbo da folla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo. Centrou as súas investigacións na historia, a etnografía e no humor gráfico galego. Asesor da EGU, é secretario da sección de Etnografía e Folklore do Instituto P. Sarmiento de Estudios Galegos, vogal da xunta rectora e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, na sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega e da xunta rectora da Fundación Castelao. Colaborou en xornais e revistas e das súas obras destacan San Pedro de Angoares. Módulo para la memoria de una parroquia (l975), A festa dos maios en Galicia. Unha aproximación histórico-antropolóxica ao Ciclo de Maio (1987), As festas cíclicas do ano (1992), A coca e o mito do dragón (1993), Brión. Historia, economía, cultura e arte (1998), A festa dos maios en Redondela (1999) e Eladio Rodríguez González (2000). Recibiu o premio do Concello de Ponteareas (1983), o Nacional de Periodismo (1983, 1984, 1985 e 1986), o de Investigación da Deputación...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos helódidos.

    2. Coleóptero da familia dos helódidos.

    3. Familia de coleópteros de pequeno tamaño, oblongo de cor vermella. Viven fundamentalmente en plantas de zonas pantanosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curva que o punto de contacto dun elipsoide de inercia describe nun plano sobre o que roda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, situada en Lombardia, Italia (39.636 h [2001]). Situada á beira do río Adda, é un centro agrícola destacado. Ten industria téxtil, alimentaria, de cristal e de maquinaria agrícola. Antiga Laus Pompeia, no s IV converteuse en sé dun bispado poderoso, enfrontado co de Milán. Destruída polos milaneses (1110) foi reconstruída por Federico I Barbarrubia en 1158. Xibelinos e güelfos alternáronse no goberno. En 1454 foi asinada a paz entre Francisco I de Milán e Venecia. A cidade foi asignada finalmente aos Sforza e seguiu a sorte do ducado de Milán. Entre   os seus monumentos destacan o Broletto (ss XIII-XIV), a catedral (s XII) e a igrexa de San Francisco (ss XIII-XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia situada en Lombardia, Italia, (782 km2; 195.474 h [2001]). A capital é Lodi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas pequenas escamas de orixe periántica que nas flores das poáceas se atopan a carón do ovario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sucesión de sons agradables ao oído.

      1. Sucesión de sons musicais de diferente altura que forman un conxunto e posúen un sentido musical. Co ritmo e a harmonía constitúe un dos elementos esenciais da música tradicional occidental a partir do s XVI.

      2. Peza musical.

    2. Dozura ou suavidade da voz cando se canta ou fala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á melodía.

    2. Que é agradable ao oído.

    3. Aplícase aos instrumentos aptos para executar unha melodía, por oposición aos instrumentos rítmicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é agradable ao oído ao estar dotado de melodía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compositor que escribe pezas musicais con melodías agradables ou orixinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Displasia ou desenvolvemento defectuoso da medula espiñal, que causa deformacións e trastornos funcionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, trece roeis, de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cibrao das Viñas baixo a advocación de san Clodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pelodítidos.

    2. Anfibio da familia dos pelodítidos.

    3. Familia de anfibios, da orde dos anuros, que presentan o corpo de pequeno tamaño, de aspecto similar ás rás, a pel granulosa e a súa cor varía en función das condicións ambientais e do estrés do animal; a pupila é vertical e ten hábitos nocturnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación de pezas de calquera verticilo floral en pétalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curva que describe sobre o elipsoide o punto de contacto dun elipsoide de inercia co plano en que este xira. Defínese polos puntos do elipsoide en que o plano tanxente é equidistante co centro do elipsoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (238). Foi gobernador de Alemaña e de Asia, cónsul e praefectus urbis. Foi elixido emperador xunto con Décimo Celio Calvino Balbino, pero entrou en discordia con este e ambos os dous provocaron a hostilidade dos militares, e sobre todo dos pretorianos, que os mataron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Clodio de Ribas de Sil.

    VER O DETALLE DO TERMO