pelodítido -da
pelodítido -da
(< lat científico Pelodytes)
-
adx
Relativo ou pertencente aos pelodítidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Anfibio da familia dos pelodítidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de anfibios, da orde dos anuros, que presentan o corpo de pequeno tamaño, de aspecto similar ás rás, a pel granulosa e a súa cor varía en función das condicións ambientais e do estrés do animal; a pupila é vertical e ten hábitos nocturnos.