Pelodytes
Pelodytes
[ANIMAL]
Xénero de anfibios anuros, da familia dos pelobátidos, co corpo granuloso, de pequeno tamaño, de cores agrisadas e con manchas verdes dispersas, e cos ollos prominentes e a pupila vertical. Teñen o corpo moi esvelto, o que lles permite ser moi áxiles no salto. Na Península Ibérica localízanse as especies P. punctatus e P. ibericus.