pelo
(< lat pilu)
-
s
m
[ZOOL]
-
Apéndice filiforme de materia córnea e orixe epidérmica que cobre a pel dos mamíferos, protexéndoa e evitando a perda de calor. Consta de raíz, intimamente adherida ao folículo piloso, e de talo ou corpo, de tamaño e cor variable dependendo da cantidade de pigmento que conteña. Ademais, a carón da raíz existen unhas glándulas sebáceas que lubrifican o pelo.
-
Apéndice filiforme que presentan algúns animais á parte dos mamíferos.
-
- s m
-
[BOT]
-
s
m
Tricoma de forma fina e alongada, simple, ramificado ou asteriforme que pode ser unicelular e pluricelular. Presenta diversas funcións, como a protección contra a transpiración excesiva ou contra a insolación, e a secretora.
-
pelo glandular
Glándula epidérmica piliforme que está situada sobre a epiderme e cuxa función é fundamentalmente defensiva.
-
pelo radical/absorbente
Prolongación filiforme do rizoderma na zona pilífera da raíz, cuxa función é a de absorber auga e sales minerais en disolución.
-
pelo urticante
Formación unicelular alongada e rematada en punta que se atopa na epiderme dalgúns vexetais, como as estrugas e diversas plantas tropicais, e produce unha acción irritante na pel dos animais. No seu interior, e protexido por unha cápsula, atópase un líquido que contén histamina e acetilcolina, responsable da acción irritante.
-
s
m
-
s
m
[TÉXT]
-
Fibra que se obtén do pelo de diversos animais. O máis apreciado industrialmente é o que procede de diversas razas de cabras, como o da cabra de angora, moher, ou da cabra kashmiresa, e tamén o dalgúns camélidos.
-
Fibra que sobresae da superficie de certos tecidos.
-
-
s
m
Filamento dunha materia calquera que se asemella a un pelo.
Ex: Ao pincel caíanlle todos os pelos.
-
pelo de lobo
Planta herbácea perenne, carente de estolóns, de ata 60 cm de altura, que presenta os talos finos, as follas estreitas e as inflorescencias dispostas en panícula, de cor verde ou amarela. Florece entre xuño e xullo. É unha especie pioneira que aparece tras a queima dos bosques.
-
pelo de oso
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, que presenta follas de cor verde no verán, amarelas no outono e no inverno, agrupadas coma nunha vasoira. Son propias das partes calcícolas da alta montaña ibérica (Pireneos e Sistema Ibérico) e magrebí.
-
pelo de rato
[PROTISTA]
fiúncho mariño.
Frases feitas
-
2 Sen axuda, protección ou acompañamento.
-
A pelo 1 Montar alguén a cabalo sen sela ou calquera outro arreo.
-
Botar bo pelo/pelo novo. Progresar en algo.
-
Non ter pelos na lingua. Dicir o que se pensa.
-
Lucirlle o pelo a alguén. Estar gordo.
-
Non ter un pelo de parvo. Ser espelido.
-
Por un pelo. Por pouco.
-
Ser capaz de contarlle os pelos ao demo. Investigar algo con detalle.
-
Ser de catro pelos. Ser mala persoa.
-
Ser de pouco pelo. Ser pobre.
-
Ser pelo de ovo. Ofenderse por calquera cousa.
-
Suar a pelo. Suar moito.
-
Ter pelos un asunto. Ter dificultades.
-
Vir ao pelo. Vir a propósito.
Refráns
- Botar pelos ao mar, para non voltar.
- Crouco pelado faime un arado -Faino ti que eu non teño machado.
- Crouco pelado ¿quen te pelou que nin pelo cbe deixou e a cacbola en queixo trocou?
- Home de pelo no peito, borne de valor e feito.
- Home peludo, borne valente e forzudo.
- Non todo borne de pelo no peito ten que ser borne de feito e dereito.
- Para apartar ben os pelos abondan dous dedos;.
- Quen tiver remuíño na testa non irá comigo á festa.