"Lores" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 73.
-
GALICIA
Médico e político. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1978), exerceu como médico ata a súa elección como alcalde de Pontevedra (1999) polo BNG, agrupación pola que fora elixido concelleiro en Samos (1983) e Pontevedra (1987), e na que formou parte do Consello Nacional e da Permanente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e actriz. Coñecida como María Dolores Pradera, traballou como actriz de cine e de teatro e como cantante. Acompañada por Los gemelos, popularizou temas como Amarraditos, La flor de la canela, Fina estampa, Caballo prieto azabache, El tiempo que te quede libre ou El día que se hizo tarde. Da súa filmografía sobresaen Mi vida en tus manos, Antes de entrar dejen salir, Altar Mayor e Inés de Castro, e como actriz teatral participou en Madre, el drama padre, El Jardín de los cerezos, Soledad, La Celestina e Mariana Pineda. Da súa discografía, destaca A mis amigos (1988-1990), María Dolores (1989), Entrañable (1990), Por Derecho (1992), Toda un vida (2000), A Carlos Cano (2000), Esencia de mujer (2001) e As de corazones (2002). Debido á censura, en 1992 recolleu o Premio Larra, que lle fora outorgado...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Catedrática de Artes Plásticas e Deseño na Escuela de Artes Plásticas y Diseño de Interiores nº 4 de Madrid. Formouse con D. Díaz Baliño, M. García Patiño e J. Maunat. A súa obra amosa unha figuración a medio camiño entre a realidade e a abstracción. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Extraordinario no V Certamen Nacional de Artes Plásticas (1963), o Primeiro Premio da Dirección General de Bellas Artes (1965), o Primeiro Premio Nacional de Artes Plásticas (1984) e o Primeiro Premio Nacional de Pintura (1990). A súa obra está presente, entre outras, nas coleccións no concello de Tui, Casa de Alba e Dirección General de Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Flórez.
-
ILLAS
Illa máis occidental do arquipélago dos Açores (143 km2; 10.000 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Indonesia, do grupo das Sonda, situada entre o mar de Flores, ao N, e o de Sawu, ao S (14.275 km2; 1.249.052h [1980]). É montañosa, con moitos volcáns activos; o máis alto deles é o monte Inerie (2.245m). A capital é Ende.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Uruguai (5.133 km2; 24.381 h [1985]). A capital é Trinidad (18.271 h [1985]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailadora flamenca e pintora. Coñecida como La Chunga, creceu en Barcelona onde debutou artisticamente da man do pintor Francisco Rebés no cabaré Emporium. Cunha personalísima interpretación da rumba, o seu estilo caracterízase pola súa orixinalidade, os sesu bailes descalza e pola plasticidade das súas posturas. Percorreu gran parte do mundo e actuou nas máis prestixiosas salas, dende Nova York ata Xapón, pasando por España, México, Cuba, Venezuela e París. Pintora autodidacta, enmarcada dentro do estilo naif, expuxo en diversas cidades españolas como Madrid, Barcelona e Vigo, e europeas como París, Múnic e Sandefjord (Noruega).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Ocupou diversos cargos no Ministerio de Facenda e durante a República representou o goberno en CAMPSA e no Banco de España. Escribiu Sobre una dirección fundamental de la produción rural española (1926) e Ditamen de la Comisión para el estudo de la implantación del patrón oro (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe descendente dos Flórez ou Flores. As súas armas levan, escudo cortado: primeiro, en campo de azul, cinco flores de lis, de ouro, postas en aspa; segundo, en campo de goles, dous lagartos dereitos, da súa cor, postos en faixa, e sobre eles unha lousa, de prata (armas dos Losada).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Les fleurs du mal.
-
PERSOEIRO
Revolucionario mexicano. Contrario á ditadura de Porfirio Díaz, en 1906 fundou en EE UU o Partido Liberal Mexicano, de ideoloxía socialista, que inspirou o movemento obreiro mexicano. En 1918 dirixiu un manifesto a todos os anarquistas do mundo, polo que foi condenado e encarcerado na prisión de Leavenworth, onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dramaturgo. Desenvolveu a súa carreira en Bos Aires, onde participou activamente na vida cultural da comunidade emigrante e promoveu a creación de grupos de teatro. É autor de diversas pezas nas que mestura a defensa dos sinais de identidade de Galicia coas estampas da vida rural. Entre elas podemos citar Un ovo de dúas xemas, Catro estampas de beiramar, Nai e filla ou Uxío!.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailadora e cantante. Coñecida como Lola Flores La Faraona, empezou a súa carreira musical no Teatro Villamarta da súa vila natal e seguidamente participou no filme Martingala (1940). En Madrid debutou no Teatro Fontalba co espectáculo La cabalgata e posteriormente formou parella con Manolo Caracol e estreou o espectáculo Zambra. En 1953 formou a súa propia compañía. Fixo célebres temas como El Lerele, Ay pena, penita, pena!, La guapa de Cádiz, La espinita ou Échale guindas al pavo, e participou nas películas La niña de la venta, La estrella de Sierra Morena, Maricruz, La Faraona, El embrujo, El asesino no está solo e María de la O.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e actriz coñecida como Marisol. Comezou no mundo do cine coa película Un rayo de luz (1960), que lle valeu un premio na Mostra de Venecia. A partir dese momento iniciou unha produtiva carreira como actriz infantil, con filmes como Ha llegado un ángel (1961), Tómbola (1962), Marisol rumbo a Río (1963), La nueva Cenicienta (1965), Cabriola (1965), Carola de día, Carola de noche (1968) ou La chica del Molino Rojo (1973). Despois deste período desapareceu da vida pública, ata que en 1983 participou na película Carmen, de Carlos Saura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor español. Da súa produción destaca Breve tratado de Grimalte y Gradisa (1495), que continúa a Fiammeta de Boccaccio, e Historia de Grisel y Mirabella con la disputa de Torrellas y Bracayda (1495?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dolores Flores Ruiz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do Océano Pacífico, entre as illas Célebes, ao N, e as de Sumbawa e de Flores, ao S, e entre o mar de Java, ao O, e o de Banda, ao L.
-
GALICIA
Mestre de cantería. Realizou as obras de cantería da fonte coa imaxe de santa Margarida en San Pedro de Vilar (Pontedeume, 1671). Con Toribio de la Vega reconstruíu a capela de Nosa Señora das Virtudes e do Soto en Pontedeume (1672).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de florecer.
-
Momento ou época da abertura do abrocho floral.
-