Flores de Losada
Flores de Losada
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe descendente dos Flórez ou Flores. As súas armas levan, escudo cortado: primeiro, en campo de azul, cinco flores de lis, de ouro, postas en aspa; segundo, en campo de goles, dous lagartos dereitos, da súa cor, postos en faixa, e sobre eles unha lousa, de prata (armas dos Losada).