"Losada" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 40.
-
PERSOEIRO
Político e médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía, forma parte do PSOE dende 1979 e exerceu a medicina ata a súa elección como concelleiro do Concello da Coruña en 1983. Durante a súa carreira na corporación municipal xestionou as áreas de Educación, Cultura, Economía, Planificación e Urbanismo. Tras desempeñar os cargos de tenente de alcalde e portavoz do Goberno municipal, é alcalde da Coruña dende marzo do 2006, despois de que Francisco Vázquez fora nomeado embaixador no Vaticano. Losada renovou nas eleccións xerais de marzo do 2008 a súa acta de senador pola provincia da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Coordinou a administración local no Val de Lemos durante a República e, en 1978, foi vicepresidente da comisión mixta de transferencias Xunta-Deputacións e vogal da comisión de toponimia de Galicia. Publicou, en colaboración con Eduardo Seijas, a Guía del camino francés de la provincia de Lugo (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e político. Formouse na Universidad de Deusto e, ao graduarse (1906), regresou a Galicia, onde exerceu como profesor axudante de Armando Cotarelo Valledor na Universidade de Santiago de Compostela. Simultaneou a actividade académica cos estudios de dereito e coas primeiras incursións en política, na Estrada. Entrou en contacto co rexionalismo galego influído polos discursos de Salvador Cabeza de León, pero o seu contorno familiar, de ideoloxía carlista e tradicionalista, marcou profundamente a súa traxectoria dentro da política nacionalista galega. Os tres grandes piares que constituíron o seu pensamento foron o agrarismo, o galeguismo e o catolicismo. En 1911 trasladouse a Madrid e gañou as oposicións a cátedras de Instituto. Foi destinado a Toledo, e en 1914 permutou a praza e trasladouse a Ourense para exercer a cátedra en Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos. Nesa cidade comezou a súa participación máis activa en movementos de carácter agrarista e católico, e tamén na súa...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Certame literario organizado anualmente polo Concello do Carballiño desde 1986. Está dividido en dúas modalidades, Investigación e Creación Literaria. Entre outros recibiron o galadón Marina Mayoral, Xosé Luís Méndez Ferrín, Fran Alonso, Xabier Quiroga e Domingo Docampo.
-
GALICIA
Relixioso xesuíta. Dirixiu o Colexio Maior da Universidad Pontificia de Comillas, da que foi vicerrector, e as revistas Sal Terrae e Cáritas Corintio 13. Foi asesor teolóxico en secretariados e comisións da Conferencia Episcopal Española e escribiu numerosos traballos en varias publicacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso xesuíta. Amigo e mestre do padre Isla, das súas obras destacan Noticia de la vida y virtudes del Venerable P. Durati de la Compañía de Jesús (1720), Cursus Philosophici Regales Collegii Salmanticensis Societatis Jesu in tres partes divisi (1724-1735) e a poesía satírica Sátira contra los malos escritores de este siglo (1741), baixo o pseudónimo de Jorge Pitillas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi bispo de Mondoñedo (1761-1779) e impulsou a reforma do seminario da diocese, que comezou coa construción dun novo edificio. Contou coa axuda económica de Xosé Martínez Arce, ex-arcediago de Trasancos, a cambio de abrir no seminario unha escola para nenos, e conseguiu tamén a incorporación dos estudios de filosofía e teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presbítero e profesor. Catedrático de Literatura Latina, foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1837-1839) e foi destituído por opoñerse á conservación dos Colexios de Fonseca e San Xerome. Foi censor da Academia Literaria de Santiago (1840). Publicou Pro studiorum (...) et Poeticae Academiae moderatore (1833) e Programas de 130 lecciones teóricas y prácticas de Literatura latina (1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano galego. Foi examinador sinodal do arcebispado de Toledo, pai da provincia de Santiago e comisario xeral das Provincias das Indias Occidentais. Publicou Discussio theologica super definibilitate proxima Mysterii Inmaculatae Conceptionis Deigenitricis (1733), onde expuxo doutrinas que despois defendeu Pío IX.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e químico. Foi membro do consello de administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (1984-1986) e gobernador civil de Pontevedra (1986-1987). Foi nomeado conselleiro de Traballo e Servicios Sociais da Xunta de Galicia (1987-1990) e deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Foi director de El Compostelano, redactor de El Correo Gallego, cofundador de La Noche, subdirector de Hoja del Lunes e redactor xefe de La Voz de Galicia. Ademais, exerceu como presidente de honra da Asociación de la Prensa Gallega da Coruña. Publicou Mujeres de ideas largas (1985), Pequeña historia de un hombre cabal. Memorias de un periodista (1988), La vida que vuelve (1989), Los españoles: entre caballeros y pícaros (1992) e El Mundo que conocí (1999). Membro correspondente da Real Academia Galega e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, pertenceu á Asociación Internacional de Críticos Literarios (UNESCO).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e humorista. Colaborou en diversas publicacións como Blanco y Negro, La Esfera, Faro de Vigo, Galicia de Orense, Nós e La Zarpa. Cultivou o linóleo. Nas súas obras amosou a influencia de C. Sobrino Buhigas e Castelao. Publicou Grabados en Linoleum (1927) e Cartones de Burgos (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Violinista e pintor. Formou parte, xunto con Sarasate e Manén, dos grandes violinistas españois a escala internacional. Interpretou obras dos compositores máis afamados e como compositor deixou diversos Caprichos para violín, cadencias de obras de coñecidos compositores, algunha habanera e alborada, diferentes cantos e Variaciones sobre el Capricho 24 de Paganini. No apartado pictórico foi un autodidacta, especialmente a partir de 1938, cando unha enfermidade lle impediu tocar o violín. Destacou como debuxante e recibiu a influencia do postimpresionismo. Da súa produción pictórica destacan os retratos e caricaturas como Caricatura de Straüss (1928), Caricatura de Pau Casals (1940?), María Galvani (1945?) e os diferentes autorretratos que se conservan. Realizou tamén paisaxes en acuarela, como Rúa do Villar (1916), Unha vila na montaña (1931?) e Rúa no porto (1949?), e bodegóns como Floreiro con rosas. Recibiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño. De orixe galega, acadou o cargo de sarxento maior. Destinado a Filipinas, durante a viaxe desde América recalou na illa de Guam (Marianas) en 1680, onde o gobernador abandonou o cargo. Foi nomeado gobernador interino da illa, enfrontouse ás rebelións indias e consolidou o dominio español nas Marianas. Acadou o posto de gobernador en propiedade e en 1699 trasladouse a Manila.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arcebispo de Santiago de Compostela (1751-1771). Formouse en leis na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na Real Audiencia da Coruña. Abandonou as leis e seguiu a carreira eclesiástica e obtivo a penitenciaría da catedral de Ourense, a doutoural da catedral de Lugo e ambos os dous postos na catedral de Santiago de Compostela, onde foi vigairo capitular e comisario xeral da cruzada. Tamén foi capelán maior do rei católico e da súa real capela, casa e corte; xuíz ordinario, notario maior do Reino de León e conselleiro real. En Madrid promoveu a Congregación de Naturais e Orixinais de Galicia en 1741. Nomeado arcebispo de Santiago de Compostela en 1751, realizou numerosas obras de caridade e mandou construír o Seminario de Confesores (sede do concello de Santiago de Compostela) e o convento da Compañía de María, reedificar a capela de don Lope na catedral de Santiago de Compostela e ampliar o pazo arcebispal. Ademais mandou edificar o pazo de Lestrobe a a reconstruír...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Traballou en Pontevedra, cidade na que fundou o semanario O Galiciano (1887) e a revista A Tía Catuxa (1889), onde incluíu diversos artigos e composicións. Participou na elaboración do volume O Galiciano. Produciós premeados no certame gallego literario que iniciado por O Galiciano celebrouse en Pontevedra no día 9 de agosto de 1886 (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Foi arquitecto dos Servicios Provinciais da Coruña de Urbanismo (1981). Das súas obras, caracterizadas pola simplificación e a orde, destacan os edificios para a sede da Cruz Vermella na Coruña (1979-1981), o centro de saúde de Culleredo (1994-1997) e o edificio para a redacción de La Voz de Galicia, en Arteixo. Recibiu o primeiro premio no Concurso de Ideas Vivendas para Marxinados (1987) da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor, director de orquestra e arquitecto. Acadou o título de arquitectura en 1911 na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Foi arquitecto provincial (1914-1956) e as súas primeiras obras (edificio do Cantón Grande 14) trataron de realizar unha síntese das posicións academicistas. Na Casa Cortés (1918-1919) fusionou a estética ecléctica e académica, baseada no Renacemento e no Barroco, cos elementos tradicionais como a galería e os miradoiros. Desde 1927 apréciase un interese polos elementos do barroco compostelán en obras como o Colexio de Notarios (1927). En 1930 realizou a sede da Caixa de Aforros coruñesa, onde mesturou os elementos barrocos galegos con outros de filiación europea. A partir de 1931 diminuíu a ornamentación e aproximouse ao funcionalismo e ao racionalismo. Destaca o edificio Las Cigarreras, Centro Social da Unión Tabacalera (1932). Realizou as urbanizacións da Cidade Xardín. Desde 1940 diminuíu a súa produción arquitectónica para dedicarse á música. Estudou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao consello de administración do Banco Pastor. Deputado no Congreso por UCD (1979-1982), foi conselleiro de Interior e Administración Local (1978-1982) e un dos asinantes, como representante do UCD, do Pacto do Hostal (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Licenciado en Ciencias Políticas e Económicas, traballou para o Grupo Loewe (1963-1975) e para Liferpharma Laboratorio de España SA. Subdirector xeral de Plus Ultra Seguros, foi director de CABSA Red Supermercados INI, presidente executivo de CABSAFRICA, do matadoiro industrial Gypisa e de Conservas vegetales y cárnicas, CARCESA. Así mesmo, foi director xeral de ENDIASA e de Aguas de Mondariz, presidente do Balneario de Mondariz e presidente de Thomil, SA, vicepresidente do Instituto de Empresa e do Círculo del Progreso e administrador de Chocolates Eureka. Membro do Padroado Fundación Instituto de Empresa e presidente da Fundación Balneario de Mondariz, contribuíu de xeito relevante ao fomento e á promoción do turismo en Galicia. Recibiu a Medalla de prata de Galicia (2004).
VER O DETALLE DO TERMO