Losada Quiroga, Xosé Francisco

Losada Quiroga, Xosé Francisco

Relixioso. Foi bispo de Mondoñedo (1761-1779) e impulsou a reforma do seminario da diocese, que comezou coa construción dun novo edificio. Contou coa axuda económica de Xosé Martínez Arce, ex-arcediago de Trasancos, a cambio de abrir no seminario unha escola para nenos, e conseguiu tamén a incorporación dos estudios de filosofía e teoloxía.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Trabazos, Castro Caldelas

  • Deceso

    Lugar : Mondoñedo