"Loxia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 396.

    1. Contradición de termos ou de ideas con aparente falta de lóxica para conseguir un efecto máis abraiante.

    2. Figura literaria consistente na unión de ideas aparentemente contrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da bioloxía floral, especialmente dos aspectos relacionados coa polinización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recompilación de textos de varios autores ou de varias obras dun mesmo autor feita en atención a criterios cronolóxicos, temáticos, formais ou didácticos. A súa orixe remóntase ás escollas de epigramas iniciadas na Grecia Antiga por Meleagro de Gándara (s II a C), actualmente perdidas, que foron recuperadas en gran parte na Anthologia inedita codicis palatini do poeta bizantino Constantino Céfalas (s X). Durante a Idade Media e o Renacemento adoptou a forma de cancioneiro, romanceiro, coroa poética, etc. A expansión da industria editorial do s XIX produciu unha proliferación de antoloxías que continuou no s XX. Teñen unha intencionalidade informativa como mostra da produción dunha época ou tendencia determinadas, contribúen á fixación do canon e, nalgúns casos, á conservación do patrimonio literario, como ocorreu cos Cancioneiros da lírica galego-portuguesa. Considérase que as primeiras antoloxías da literatura galega foron o Álbum del Miño (1858), unha colección...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de estudo dos restos de madeira e vexetais carbonizados recuperados nos depósitos arqueolóxicos e xeolóxicos. Mediante a análise microscópica pódese identificar o xénero e en ocasións a especie vexetal, o que pode achegar información sobre as actividades económicas dos grupos humanos e animais, e sobre o medio ambiente que rodea o depósito.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que estudia o ser humano e, nun sentido máis amplo, os homínidos. Debido á diversificación somática sufrida polo ser humano, os diferentes ambientes en que tivo que vivir e as súas manifestacións culturais e de relación, a antropoloxía, no máis amplo dos seus sentidos, comprende tanto o estudo biolóxico do corpo humano e as súas variacións no tempo e no espazo (antropoloxía física ou biolóxica) como do comportamento cultural e social (antropoloxía cultural e antropoloxía social). Os datos derivados do estudo biolóxico do corpo humano pola antropoloxía física son a base sobre a que se ten que estruturar o estudo das antropoloxías social e cultural.

      2. antropoloxía biolóxica/física

        Ciencia que estudia o home ou, nun sentido máis amplo, os homínidos, como obxecto das ciencias naturais, analizando a variabilidade normal do corpo humano no espazo e no tempo. En tanto que poden contribuír a este obxectivo a anatomía, a fisioloxía, a xenética e a paleontoloxía humana constitúen o fundamento da antropoloxía física. Na antropoloxía física sintetízanse os coñecementos destas disciplinas co obxecto de situar o ser humano na súa praza na natureza e procurar aclarar cál é a orixe do home como ser natural; cáles son, cómo se explican e que significado teñen para o individuo e para a colectividade as diferencias existentes entre os grupos humanos; cáles son os factores que determinan estas diferencias e cáles son as consecuencias prácticas que se poden sacar desas observacións. Malia que o interese polo estudo antropolóxico do ser humano existía dende a antigüidade grega e chinesa, foi Linné (1707-1778) quen primeiro situou o home, xunto cos simios, no grupo dos primates, feito...

      3. antropoloxía cultural

        Estudio da cultura humana desde as súas orixes ata aos nosos días e das súas variedades e adaptacións en función das súas relacións sociais e biolóxicas. A antropoloxía física ocúpase dos comportamentos, específicos e universais, da cultura. A antropoloxía cultural precisa do concurso da etnoloxía, a antropoloxía social, a arqueoloxía e a lingüística para o seu desenvolvemento. Ademais, son fundamentais para a antropoloxía cultural os datos da antropoloxía física e, a miúdo emprega os resultados das investigacións sociolóxicas, psicolóxicas, filosóficas, xeográficas, etc. Os métodos experimentais incorporáronse recentemente á antropoloxía co obxecto de determinar o grao de adaptación de certos grupos humanos aos cambios efectuados na súa cultura. A antropoloxía cultural conformouse como ciencia a partir da segunda metade do s XIX, cando se crearon as primeiras sociedades antropolóxicas, coleccións etnográficas e ao iniciarse os traballos de campo e as expedicións científicas a diferentes...

      4. antropoloxía económica

        Estudio das estratexias, relacións e institucións económicas das “sociedades primitivas”. Dúas teses de Marx son o fundamento da antropoloxía económica: as súas observacións sobre o fetichismo da mercancía, que é o principio central de todo intercambio aínda que cada sociedade presente diversas versións do mesmo fenómeno, e a distinción entre valor de uso e de cambio. As investigacións sobre o intercambio tribal (don e o contradón) realizadas por Malinowski, continuadas por Mauss, que intenta atopar o factor que fai que os suxeitos se sintan obrigados a devolver o dado e aterse aos termos do don e contradón, abren unha liña de investigación antropolóxica na que hai que situar os traballos de Herskovits, Firth, Goodfellow e Polanyi. A partir de 1950 a antropoloxía económica concibiuse dende diferentes enfoques: o formalista e o substantivista. Para o formalismo, representado por Firth, Herskovits, Tax, Pospisil, Epstein ou Schneider, o obxecto da antropoloxía económica...

      5. antropoloxía social

        Estudio do ser humano en función da súa conduta social. A antropoloxía social proponse obter coñecemento respecto ás institucións e aos procesos sociais que constitúen o sistema de comportamento dos individuos dunha sociedade e, comparando estas formas de comportamento coas doutras sociedades, procurando establecer modelos e categorías de institucións sociais. Caracterízase polo seu método de investigación integral e pola aplicación da técnica etnográfica e de campo, sobre todo a nivel de comunidade, realizada dentro de sociedades primitivas ou de baixa densidade demográfica tratando de obter coñecemento a partir dos conxuntos sociais. Os traballos que fundamentaron cientificamente a antropoloxía social foron os elaborados por Maine, Bachofen, Morgan, Tylor e Frazer; sen embargo, as orientacións posteriores seguen as liñas de investigación abertas por Boas en EE UU, Levi-Strauss en Francia e Malinowski, Radcliffe-Brown e Evans-Pritchard no Reino Unido. As orientacións teóricas máis frecuentes...

      6. antropoloxía teatral

        Disciplina que estudia as manifestacións teatrais propias dunha cultura determinada e a presenza de elementos teatrais noutras manifestacións artísticas, cerimonias rituais ou celebracións festivas desa mesma cultura. Non obstante , tamén é posible un enfoque intercultural e multicultural, tal como ocorre nos últimos anos. Se ben o estudo das diferentes manifestacións da teatralidade xa se pode documentar desde Grecia, foi a principios do século XX, baixo a influencia da febre orientalista e primitivista que se vivía en Europa e América do Norte, cando se procedeu á descrición e ao estudo doutras tradicións teatrais e á transferencia, intercambio e apropiación das máis diversas técnicas de interpretación, dirección ou formación. Konstantin Stanislavski e Vsevolod E. Meyerhold foron dos primeiros en manifestar a importancia das técnicas teatrais orientais e doutras que se tiñan esquecido, como a Commedia dell’Arte. Non obstante , sería Antonín Artaud quen insistiría na súa importancia para...

      7. antropoloxía urbana

        Estudio das interaccións entre individuos e grupos inseridos no medio urbano. Na aparición desta disciplina inflúen decisivamente os procesos de independencia das antigas colonias europeas, acontecidos sobre todo entre 1945 e 1970, que adoitan ir acompañadas dun intenso proceso urbanizador das súas poboacións. Os antropólogos levaban estudiando xa desde había tempo problemas que recoñecen como especificamente urbanos, pero isto aínda non lles conducira á análise de presupostos da súa disciplina, non sendo ata finais dos setenta e principios dos oitenta cando o termo acada uso xeneralizado, consolidándose como especialidade académica ben definida. Das correntes xurdidas nos estudios de antropoloxía urbana cómpre destacar en primeiro lugar a Escola de Chicago, dende a que autores como Park, Wirth e Whyte centran o interese no mundo urbano dende puntos de vista ecolóxicos, defendendo que nas cidades se atopan unha serie de áreas ou rexións morais nas que se concentran tipos de poboación con...

    1. Reflexión filósófica sobre o ser humano. Ten como obxecto o home, non só como ser natural, senón tamén como ser esencial. Segundo Scheler, a antropoloxía filosófica constitúe unha ponte que une as ciencias positivas coa metafísica. Parte, en efecto, das ciencias positivas humanas, como a antropoloxía biolóxica, a psicoloxía, a lingüística, etc, para elaborar e interpretar filosoficamente os seus resultados e buscar a esencia ou estrutura fundamental do ser humano, que explique todas as súas funcións e todas as súas obras específicas: a linguaxe, a consciencia moral, a arte, os mitos, a relixión, a ciencia, a cultura, etc. Non é unha antropoloxía das características ou funcións humanas, senón da esencia do home, polo que se constitúe como unha parte da filosofía. Con todo, non estaba separada con suficiente precisión do núcleo principal da filosofía (lóxica, metafísica, ética) debido a que non tiña definido o seu status epistemolóxico. Tal como se concibe actualmente, a antropoloxía filosófica...

    2. Orixinariamente, reflexión sobre o home a partir da revelación: inclúe o tratado teolóxico sobre a creación do home, a súa caída e a súa redención. Actualmente, teólogos como Rahner, Schillebeeckx ou Metz considérana como un motivo teolóxico que determina a mesma teoloxía como tal. Así, non se pode dicir nada sobre Deus, obxecto formal da teoloxía, sen falar tamén do home. Segundo esta perspectiva, derívanse varias consecuencias importantes para a reflexión teolóxica. A primeira é que a teoloxía debe descubrir o estreito vínculo que hai entre o contido das afirmacións dogmáticas e a comprensión propia do home. A segunda, que hai que ter en conta a achega das ciencias humanas e sociais para realizar a súa propia reflexión. A terceira, a importancia da cristoloxía en tanto que en Cristo aparece o que o home é e ten que ser.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma peculiar de determinismo racial creada simultaneamente en Francia por Georges Vacher de Lapouge (1896) e en Alemaña por Otto Ammon (1898), baseada en estatísticas interpretadas baixo o prexuízo da superioridade do louro dolicocéfalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da anatomía vexetal e animal que estudia os sistemas vasculares e as súas enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Discurso ou escrito xustificativo en defensa ou gabanza dalgunha persoa ou causa.

      1. Defensa de determinadas verdades da fe cristiá ante as obxeccións de quen as neguen coa intención de demostrar a compatibilidade destas verdades coa razón.

      2. Escrito dun apoloxeta.

    2. Apoloxía dos feitos ilícitos ou dos culpables destes, considerada pola doutrina como unha forma atenuada de indución e, por iso, sancionada, a miúdo, polas lexislacións. Nas leis penais españolas a apoloxía do terrorismo e dos terroristas ten a consideración de delito autónomo, especificamente tipificado e penalizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da zooloxía que estudia os arácnidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estudia os cargos e as dignidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que se interesa polo coñecemento global da experiencia humana no pasado: cómo se organizaba a xente en grupos sociais e cómo explotaba o entorno; qué comían, facían e crían; cómo se comunicaban e por qué cambiaron as súas sociedades. Consiste, tamén, no descubrimento dos restos e obxectos do pasado, no traballo meticuloso do analista científico e no exercicio da imaxinación creativa e, así mesmo na escavación dun depósito ou xacemento e na busca de depósitos submarinos. A Arqueoloxía é, pois, tanto unha actividade física de campo como unha busca intelectual no estudo ou no laboratorio, residindo na súa historia a mellor explicación do seu obxecto e finalidade. A súa orixe estivo en Italia, especialmente en Roma, dende onde se espallou polo resto dos países europeos; sen embargo, foi no s XIX cando se configurou como campo de estudio. A Arqueoloxía anticuarista (defendida por Aubrey), moi vinculada ao crecemento do concepto de nacionalidade, tendeu ao descubrimento e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tamén chamada Zooarqueoloxía, o termo inclúe as técnicas de análise e identificación dos restos óseos (tafonomía) recuperados nos depósitos arqueolóxicos. O seu obxecto é a reconstrución do medio ambiente circundante ao depósito arqueolóxico e das actividades económicas, e dieta alimenticia dos seus ocupantes. Para utilizar os restos faunísticos como indicador do contorno, débese observar a evidencia cun enorme senso crítico; así, debemos comprender as complexas relacións entre os animais actuais e o seu medio e estudar cómo chegaron os restos de animais a un depósito (ben de xeito natural, ben debido á actividade humana ou dos preeiros), para así descubrir ata que punto son representativos da fauna desa época. Logo destas precaucións, poderase cuantificar e valorar a presenza dos diferentes animais que configuraban o contorno das sociedades pasadas. Así mesmo, o estudo dos ósos tamén pode constituír unha base xeral para a cronoloxía; neste sentido, os restos animais foron a primeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arquivística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da Anatomía que estudia as articulacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estudia as culturas de raizame asiriobabilónica, semítica, da antiga Mesopotamia. Non investiga, xa que logo, a cultura sumeria, non semítica, que ten campo propio de estudo na sumerioloxía. O termo é, entón, erróneo, pois nomea unha parte (Asiria) polo todo (Asiria, Acad e Babilonia). Asiria e Babilonia eran os herdeiros directos do Reino de Acad, cunha mesma lingua, o acadio. O primeiro interese da asirioloxía foi o de fornecer o relato bíblico de datos provenientes da investigación histórica. Pódese poñer como data de nacemento da asirioloxía o ano 1802, cando o alemán Grotefend descifrou parcialmente a escrita cuneiforme persa ou aqueménide. Foi seguido por diversos autores como os franceses Burnouf e Oppert, o noruegués Lassen, o irlandés Pincks e os británicos Talbot e, sobre todo, Rawlinson, no estudo da escrita cuneiforme, non só da aqueménide, senón tamén doutras como a acadia. Deste xeito ficaba aberto o camiño para a investigación das fontes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da Zooloxía que estudia os astácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exobioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina e estudo especulativo das influencias dos astros sobre o mundo sublunar, especialmente sobre o destino dos homes (astroloxía xudiciaria), e sobre os fenómenos meteorolóxicos (astroloxía natural), segundo os conceptos predominantes antes do nacemento da ciencia moderna. Atópanse as primeiras manifestacións en Mesopotamia (3.000 a C), en China (1.500 a C), e en datas imprecisas pero posteriores, na civilización maia. Os astrólogos do pasado, predicían o tempo e os sucesos humanos amais de regular os actos rituais. En Mesopotamia creáronse regras prácticas (zodíaco, horóscopo, etc) aínda que a súa fixación foi tardía: o primeiro horóscopo babilonio conservado é do s IV a C. Chegou a Grecia coas expedicións de Alexandre o Grande onde, ben acollida polos pitagóricos, platónicos e aristotélicos, os estoicos elaboraron a principal base doutrinal coa súa teoría da harmonía entre o microcosmos (home) e o macrocosmos (universo). O Almaxesto e o Tetrabiblon...

    2. Nome dado antigamente á Astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da distribución xeográfica dos taxons.

    VER O DETALLE DO TERMO