"Lucí" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se opón á revolución.
-
PERSOEIRO
Pensador, narrador e orador latino. Das súas obras consérvase a Apoloxía, onde se defende dunhas acusacións de maxia e, sobre todo, a novela histórica Metamorphoseon libri XI ou Asinus aureus (As Metamorfoses ou O asno de ouro).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador militar romano (270-275). Foi proclamado como tal polo exército en Sirmium, á morte de Claudio. Loitou contra os vándalos e os alamanes xutungos. Tras ser vencido por estes en Plasencia (Italia), no 270 a C, construíu a muralla de Aureliano para a defensa de Roma. A vitoria final romana foi posible grazas ao exército de Iliria. Dirixiuse despois contra Palmira, venceu a Zenobia e o seu fillo, e acabou co poder desta cidade. De volta a Europa restaurou a unidade do Imperio Romano ao derrotar a Tétrico, Emperador da Galia, e deixou fixados os limes nos cursos do Rin e do Danubio. A súa política interior foi positiva e conseguiu facer unha reforma monetaria. Rodeou a cidade de Roma cunha muralla que leva o seu nome. Propugnou como forza unificadora do Imperio un culto sincrético do deus Sol. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica e televisiva norteamericana. Mentres estudiaba arte dramática traballou en filmes de serie B con Samuel Goldwyn. Xunto co director de orquestra Desi Arnaz, fundou a produtora Desilu Produtions. Participou, entre outros, nos filmes: Roman Scandals (Escándalos romanos, 1933), Top Hat (Sombreiro de copa, 1935), Follow the Fleet (Sigamos a flota, 1936), Joy of Living (O pracer de vivir, 1938), Five Came Back (Volveron cinco, 1939), Valley of the Sun (O val do sol, 1942), The Magic Carpet (A alfombra máxica, 1951), A Guide to the Married Man (Guía para o home casado, 1967) e Mame (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo, sacerdote e político. Doutorouse en Teoloxía no 1835 e foi ordenado sacerdote en Vic (1834). Como apoloxista publicou, entre outras, Reflexiones sobre el celibato (1839) e La religión demostrada al alcance de los niños (1841). A partir de 1844 alternou os escritos filosóficos cos políticos. Foi daquela cando se ocupou da edición de El criterio (1845) e escribiu Filosofía fundamental (1846) e Filosofía elemental (1847). A súa obra filosófica encádrase dentro da ontoloxía eclesiástica, analizando os problemas básicos da Agnoseoloxía, da Psicoloxía e da Metafísica. Difundiu o Criticismo e o Idealismo alemáns e renovou a escolástica ecléctica do s XVIII. Os seus escritos políticos están recollidos en Consideraciones políticas sobre la situación de España (1841) e nunha serie de artigos sobre España e Europa publicados no xornal El Pensamiento de la Nación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Exerceu como profesor de Composición nas universidades de Darmstadt (1960), Harvard e na Juilliard School de Nova York (1963-1971). Nas súas composicións serviuse libremente tanto de técnicas tradicionais como da técnica serial e doutras. Das súas obras principais cómpre destacar: Omaggio a Joyce (Homenaxe a Joyce, 1958), Sequenze, (Secuencias, 1965-1975), para diversos instrumentos solistas, Requies (Ausencias, 1983) e Voci (Voces, 1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guionista e realizador cinematográfico. Foi o introdutor dun estilo visual caracterizado polos movementos de masas perfectamente coordinados e coreografados, acompañado de complexas rodaxes coa cámara e unha montaxe estilizada. Entre as súas películas destacan: La commare seca (A severa colleita, 1962), Partner (1968), Il conformista (O conformista, 1970), Last tango in París (O último tango en París, 1972), con Marlon Brando, un filme erótico que resultou polémico por algunha das súas escenas, e Novecento (1975-1976), con música de Ennio Morricone e fotografía de Vittorio Storaro. En 1987 dirixiu The last emperor (O derradeiro emperador), filme gañador de nove Oscar; este éxito permitiulle rodar no Sáhara The sheltering sky (O ceo que nos protexe, 1990), adaptación da autobiografía do escritor Paul Bowles. En 1993 realizou Little Buddha (O pequeno Buda) e en 1995 Stealing beauty (O marabilloso roubo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano. Tribuno da plebe (121 a C) e cónsul (111 a C). Dirixiu a expedición contra Iugurta, Rei de Numidia, pero acabou pactando con el polo que foi condenado ao desterro (110 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora romanesa en lingua francesa. Tratou temas sobre persoeiros, autobiográficos e recordos persoais cunha visión aristocrática. Escribiu, entre outras obras, Le perroquet vert (O loro verde, 1924) e Fevilles de calendrier (Follas de calendario, 1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e filósofo romanés. Escribiu numerosas obras filosóficas continuadoras do pensamento idealista alemán, como a titulada Censura transcendentă (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario que apareceu en Ferrol en setembro de 1868. En realidade este xornal era El Brigantino pero na época da revolución de setembro de 1898 cambiou o título para chamarse Boletín de la Revolución. Unha posible cronoloxía desta publicación, segundo algúns investigadores, sería: a primeira etapa con El Brigantino, que saíu en Ferrol en 1866, a segunda co Boletín de la Revolución no ano 1868 e unha terceira etapa a finais do ano 1868 titulándose Boletín Oficial de la Junta Revolucionaria de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ferrol o 13 de outubro de 1868, e que cesou o 28 do mesmo mes e do mesmo ano. Saía diariamente, editado na imprenta de El Brigantino. Ofrecía a información da propia Junta revolucionaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e estudoso de Filoloxía, Química e Ciencias Naturais. Fillo de Luciano Bonaparte, príncipe de Canino, foi deputado na Asemblea francesa (1848) e senador durante o Segundo Imperio.Trátase dun investigador interesado polas linguas minoritarias, especialmente polo éuscaro, o portugués, o asturiano, o saiagués e o galego, que desenvolvía a súa actividade solicitando información e textos aos eruditos das distintas áreas lingüísticas que estudiaba. Compilou as traducións de textos relixiosos como a Oración dominical, o Cantar dos Cantares e o Evanxeo de san Mateo. Carteouse co naturalista galego Víctor López Seoane entre os anos 1887 e 1888 para solicitarlle os nomes dos réptiles, co dialectólogo portugués Leite de Vasconcelos e con Gonçalves Viana, fonetista luso. Elaborou tamén o prólogo da tradución do Evanxeo de san Mateo (Londres, 1861), no que escribiu “Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Canino, irmán de Napoleón I. Presidente do consello dos Cincocentos (1789), preparou o golpe de estado do 18 de Brumario. Ocupou o ministerio do Interior e unha embaixada en Madrid (1800-1801). Escribiu unhas Memorias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Deuse a coñecer con Cronaca di un amore (Crónica dun amor, 1950) e La signora senza camelie (A señora sen camelias, 1953), de Michelangelo Antonioni.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Solución a base de cocaína, morfina e antieméticos utilizada como analxésico e euforizante en pacientes con cancro.
-
PERSOEIRO
Patricio romano, sobriño de Tarquinio o Soberbio. Segundo a lenda, despois do suicidio de Lucrecia, violada por Tarquinio, alzou o pobo en armas e derrocou a monarquía, decretando o exilio da familia real. Trala creación do consulado, Bruto foi un dos primeiros en exercer esta maxistratura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura prehistórica do Bronce siciliano, caracterizada pola cerámica pintada. Coñécense poboados de cabanas de planta elíptica e sepulcros dentro de coviñas artificiais cos cadáveres encollidos.
-
PERSOEIRO
Pintor. Emigrou aos EE UU onde comezou a pintar. En 1934 instalouse en Madrid e posteriormente trasladouse a Ferrol. A súa obra caracterízase pola descrición de paisaxes e de personaxes populares cunha forte influencia da estética dos muralistas mexicanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano. Membro dunha familia patricia, seguiu o cursus honorum. Foi cuestor no ano 77 a C, pretor no 68 a C e gobernador de África no ano 67 a C. Acusado de corrupción, foi procesado e non puido participar nas eleccións para cónsul. Organizou, entón, a primeira das súas conspiracións de asasinato contra os cónsules, que non chegaría a producirse. Absolto dos cargos, presentouse ás eleccións do ano 63 a C, apoiado polos demócratas e financiado por Craso e César. Derrotado por Cicerón, que contou co apoio da aristocracia, Catilina presentou novamente a súa candidatura no ano 62 a C, cun programa no que incluía a eliminación das débedas. Con esta medida gañou numerosos apoios entre a plebe urbana, os campesiños e os veteranos de Sila. Planificou, ao mesmo tempo, unha nova sublevación armada, que tivo lugar despois dunha nova derrota electoral, desde Roma, pasando pola Etruria, ata o Piceno e a Apulia. Cicerón foi informado da conspiración, denunciouno e lanzou contra el as...
VER O DETALLE DO TERMO