Balmes i Urpià, Jaume Llucià

Balmes i Urpià, Jaume Llucià

Teólogo, sacerdote e político. Doutorouse en Teoloxía no 1835 e foi ordenado sacerdote en Vic (1834). Como apoloxista publicou, entre outras, Reflexiones sobre el celibato (1839) e   La religión demostrada al alcance de los niños (1841). A partir de 1844 alternou os escritos filosóficos cos políticos. Foi daquela cando se ocupou da edición de El criterio (1845) e escribiu Filosofía fundamental (1846) e Filosofía elemental (1847). A súa obra filosófica encádrase dentro da ontoloxía eclesiástica, analizando os problemas básicos da Agnoseoloxía, da Psicoloxía e da Metafísica. Difundiu o Criticismo e o Idealismo alemáns e renovou a escolástica ecléctica do s XVIII. Os seus escritos políticos están recollidos en Consideraciones políticas sobre la situación de España (1841) e nunha serie de artigos sobre España e Europa publicados no xornal El Pensamiento de la Nación.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vic

  • Deceso