"Luna" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 30.

  • Calendario en que o tempo se conta por lúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen sofre trastornos psíquicos pasaxeiros ou que presenta un comportamento estraño e maniático, que se atribúen á influencia da Lúa nalgunha das súas fases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón. Casou en 1372 con Martiño I de Aragón o Humano. Ao morrer subitamente o seu cuñado Xoán I de Aragón en maio de 1396 sen descendencia masculina, e atoparse o seu marido en Sicilia, ocupouse da sucesión e da rexencia. Defendeu Catalunya da invasión do conde de Foix. Co retorno do rei (1397), as súas accións de goberno foron esporádicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marqués de Montesclaros, grande de España e comendador da orde de San Xaime. Vicerrei de Nueva España (1603-1607) e de Perú (1607-1615), fomentou as obras públicas e conseguiu aumentar a produción das minas de ouro. Membro do Consello de Estado do conde-duque de Olivares, cando este reorganizou o Consello de Aragón nomeouno presidente do Consello de Facenda (1628).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador. Doutor en Historia (1920), en 1926 foi nomeado catedrático de Arqueoloxía, Numismática e Epigrafía da Universidad de Valladolid, da que foi reitor en 1939, e en 1952 catedrático de Historia da Arte na Universidad de Murcia. Dirixiu numerosas escavacións entre as que destacan as dos xacementos de Domaio (Cangas), Altamira en Taboexa (As Neves) e o castro Santa Tegra (1928-1933). Colaborador do Boletín del Seminario del Arte y Arqueología de Valladolid, das súas obras destacan Notas sobre arqueología gallega: Las mámoas de Chan da Pedra do Couto e San Colmado (1936) e El seudo asturiense en La Guardia-Pontevedra (1945). Foi membro da Real Academia de Historia, da Sociedad Española de Numismática, do Instituto Alemán, da Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría (Sevilla) e da Real Academia de Alfonso X de Murcia. Recibiu, entre outras condecoracións, a Gran Cruz con Plata de Alfonso X el Sabio

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao novilunio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao plenilunio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de media lúa.

    2. Segundo óso da primeira fila do metacarpo. Ten forma cuboide e articúlase co raio e o escafoide, o piramidal e o óso grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está debaixo da Lúa ou na Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bayarque, Almería 28.10.1937) Xeógrafa. Doutora en Xeografía pola Universidad de Navarra (1967), en 1968 incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela e en 1981 converteuse en catedrática de Xeografía de España. As súas principais liñas de investigación son a xeografía rexional do mundo, a xeografía de Galicia, a xeografía social e das relixións e a xeografía dos asentamientos humanos. Membro dos comités científicos de Estudios Migratorios, Nimbus e A Estrada, das súas obras destacan La Navarra húmeda del Nororeste. Estudio geográfico de la ganadería (1971), Un modelo de encuesta rural para Galicia (1981), Las Parroquias de Galicia: Cartografía y estadísticas (1985), A Montaña galega: o home e o medio (1993), Parroquias y arciprestazgos de Galicia (1994), Geografía de Galicia (2000-2002), que dirixiu, e Estudio Geográfico del Atlas de Lázaro Luis del año 1563. Códice de la Academia...

    VER O DETALLE DO TERMO