"Marque" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 117.

  • PERSOEIRO

    Nobre francés. Co triunfo da Revolución de 1789 tivo que exiliarse; primeiro foi acollido polo conde de Fernán Núñez e logo Ventura Caro levouno a Santiago de Compostela. Nesta cidade permaneceu en compañía da súa esposa, fillos e criados ata 1795, ano no que marcharon a Inglaterra por mor do Tratado de Basilea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gabrielle Émilie Le Tonnelier de Breteuil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles Mann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e xornalista. Mantivo varios preitos contra as xerarquías eclesiásticas, tanto no caso das oblatas parroquiais coma en cuestións de matrimonios e dereito canónico. Ademais de colaborar con El Pensamiento Galaico en 1894, publicou Oblatas parroquiales (1900) e En un pleito canónico (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cóengo de Mondoñedo e xornalista. Foi catedrático de Metafísica e Ética no Seminario de Santiago de Compostela, onde defendeu posturas tradicionalistas e integristas. En Mondoñedo fundou e dirixiu o xornal carlista La Defensa, que se publicou entre 1906 e 1909. Publicou Existe en el hombre un principio de vida distinto de la materia de su cuerpo (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • James Andrew Broun Ramsay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Francisco Franco o 18 de xullo de 1949 a Fidel Dávila y Arrondo, ministro de Defensa Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desmarquear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminar os marcos dun terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Dinamarca, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Dinamarca.

      1. Relativo ou pertencente á raza dinamarquesa de cans.

      2. raza dinamarquesa

        Raza de cans que, malia o nome, non é orixinaria de Dinamarca. Os cans desta raza teñen o corpo robusto, esvelto e elegante; a súa cabeza é longa e acaba nun fociño aplanado, as orellas son pequenas e ergueitas, e a cola longa. O seu pelame é curto e de cor variable. Hai dúas especies segundo o talle. O de máis talle tamén se coñece co nome de gran danés ou dogo alemán.

      1. Relativo ou pertencente á raza dinamarquesa de porcos.

      2. raza dinamarquesa

        Raza de porcos caracterizada pola lonxitude do seu corpo, as grandes dimensións dos pernís e o predominio do magro sobre o graxo. Teñen patas curtas, fociño longo e orellas grandes e horizontais. Tamén se lle chama raza de Landrace.

    1. Lingua pertencente á familia lingüística xermánica do subgrupo setentrional (ou escandinavo) do phylum indoeuropeo, falada en Dinamarca e, como forma dialectal, nas provincias suecas de Sk<ne, Halland e Blekinge. Os principais trazos que a caracterizan e a diferencian do resto das linguas escandinavas son a simplificación dos antigos ditongos (trazo que comparte co sueco), coma nos termos sten (‘pedra’), øje (‘ollo’), fronte ao noruegués stein, auga; a sonorización das oclusivas xordas intervocálicas, como gabe (‘bocexar’), aede (‘comer’), kage (‘galleta’), que en sueco mantén o enxordecemento (gapa, <ta, kaka); o debilitamento ou a caída das vocais átonas, como en borger (‘burgués’), skomager (‘zapateiro’), fronte ao sueco borgare, skomakare; stød, ou o golpe da glote, fronte ao acento musical do sueco e do noruegués. Despois do período viquingo, o dinamarqués...

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago situado en Europa Central, no Mar Báltico, Dinamarca, formado por numerosas illas; as principais son: Sjaelland, Fyn, Lolland e Falster. Os núcleos de poboación máis importantes son Copenhaguen (491.082 h [estim 1999]) e Odense (183.584 h [estim 1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na escola de Sant Carles de València e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1864). Con unha pensión outorgada pola deputación valenciana (1868), trasladouse a Roma onde pintou La destrució de Sagunto (A destrución de Sagunto). Mestre na escola de Sant Carles, en 1875 trasladouse a París onde residiu ata 1914. Realizou cadros anecdóticos de ambiente histórico, e retratos. Entre outros galardóns, recibiu a primeira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1871 polo cadro Santa Clara (1870) e foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1917). O seu fillo Roberto Domingo Fallola (París 1833 - Madrid 1956), tamén pintor, especializouse en escenas de touros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Gutiérrez de la Concha e Irigoyen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Afonso XII a María Josefa Jiménez de Sandoval Saavedra o 23 de maio de 1876, como recoñecemento polo seu apoio á coroa durante a Primeira República Española e a posterior Restauración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zenón de Somodevilla y Bengoechea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leopoldo de Gregorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado nas academias de València e Madrid, foi retratista da alta sociedade cortesá e pintor de cámara (1800). Despois dunha etapa de influencia de R. Mengs, a súa obra aproximouse a Goya (1794). A súa produción caracterizouse polo debuxo, as cores frías e as veladuras. Entre as súas obras destacan La Marquesa de Santa Cruz, Manuel Godoy, Cardenal Lorenzana, El gravador Selma e Niños de Medinaceli. Pertenceu á Acadèmia de Sant Carles de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marie Joseph Paul Yves ES-TRAD;mso-fareast-language: Roch Gilbert Motier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Bautista Armada Losada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Carlos II, o 6 de maio de 1675, a Baltasar Pardo de Figueroa Lupidana, aínda que o título recaeu no seu fillo máis vello Baltasar Pardo de Figueroa Soutomaior. A esta liñaxe pertenceron o militar Baltasar Pardo de Figueroa (?-1808) e o poeta Juan Bautista Armada Losada. No s XVIII o vizcondado de Fefiñáns pasou á súa propiedade. Leva as armas dos Figueroa: en campo de ouro, cinco follas de figueira, de sinople, postas en aspa; no timbre, coroa de marqués.

    VER O DETALLE DO TERMO