"Martin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • Relixioso franciscano nado en Arnoia (Ourense), e escritor e colaborador de El Eco Franciscano. Publicou, entre outras, obras de carácter eclesiástico, tales como: Compendiosa vida de San Benito de Palermo y Novena del milagroso Santo (1915 e 1925), La venerable Orden Tercera de Penitencia de nuestro seráfico Padre San Francisco, su naturaleza y acción (1923) e El Franciscanismo de la Segunda Orden. Recuerdo del séptimo centenario franciscano (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano norteamericana. En 1959 gañou un concurso convocado polo Metropolitan de Nova York decisivo para a súa carreira; obtivo éxitos sonados nos escenarios de Milán, Londres e París. Está especializada en personaxes de Verdi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre pedreiro que exerceu o seu labor en Compostela no primeiro terzo do século XVI. Traballou nas fontes do Real Hospital desta cidade e tamén foi mercador de viños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte. A súa obra é froito dun dilatado proceso de reelaboración de imaxes e signos con preferencia polo debuxo, empregando técnicas de moita precisión, como o aerógrafo. O resultado son obras que transmiten unha serenidade case mística. A súa investigación teórica céntrase na semiótica das artes icónicas. Foi profesor invitado nas Universidades de Madrid, Zaragoza e Santiago de Compostela. Expuxo en diferentes salas de España e Francia. En 1980, xunto con María José Moreno, fundou a Academia de Belas Artes de Vigo, onde se formaron moitos pintores vigueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica do s XIII situada no concello de Rodeiro. Consta dunha soa nave cuberta con madeira e presbiterio con bóveda de canón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e escultor. Traduciu por primeira vez a Shakespeare ao castelán (1930). Editou clásicos casteláns como Lope de Vega, Quevedo e Cervantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, representante do Realismo paisaxístico luminoso e aéreo. Trasladouse a Madrid pero conservou o contacto con Galicia ao pasar todos os veráns na casa viguesa da Barxa. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1840-1850), onde foi alumno de Xenaro Pérez Villamil e de Esquivel, tendo por compañeiros entre outros a Federico Ruiz, Martín Rico e Castillo. No curso 1854-1855 abandonou a Academia, comezando unha serie de viaxes por España e Portugal que se transformaron na produción de numerosas obras e esbozos. Destas viaxes fixo 32 ilustracións para a revista El Museo Universal. En 1858 presentouse á Exposición Rexional de Santiago de Compostela con dous cadros á augada que representaban dúas vistas da ría de Vigo, na que obtivo a medalla de prata coa titulada A miña tristura. Viaxou por Francia, Inglaterra e Alemaña, e instalou o seu estudo de pintor de paisaxe en Portland (EE UU) en 1859. De regreso a Madrid, en 1861 presentouse cun fresco da Casa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Canonista e moralista, chamado Doctor Navarro por razóns de nacemento. En 1552 escribiu en portugués o famoso Manual de Confessores, que despois (1556) traduciu ao castelán, engadíndolle cinco apéndices entre os que destacan o Comentario resolutorio de usuras e, sobre todo, o Comentario resolutorio de cambios. Aquí recoñeceu certa produtividade do diñeiro; tivo unha postura moderada contra a usura e estableceu unha tipoloxía dos cambios. En Roma defendeu a Bartolomé de Carranza (1567), e foi penitenciario apostólico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federico Martín Bahamontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Comezou a súa carreira literaria como escritor satírico e colaborador da revista Punch. Escribiu The small back room (A pequena habitación de atrás, 1943), sátira crítica contra o funcionariado público, e Mine own executioner (O meu propio verdugo, 1945), unha novela policiaca psicolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor norteamericano. Cursou estudios no Actor´s Studio. Traballou primeiro no teatro e despois no cine. Gañou un Oscar ao Mellor Actor de Reparto en 1965 polo filme Thousand Clowns (Mil pallasos). Entre os seus traballos destacan os filmes: 12 Angry men (Doce homes sen piedade, 1957), Psycho (Psicose, 1960), Breakfast at Tiffany´s (Almorzo con diamantes, 1961), Murder on the Orient Express (Asasinato no Orient Express, 1974), Cuba (1979), Cape Fear (O cabo do medo, 1991) e The Silence of the Hams (O silencio dos burricáns, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo cenobio situado no concello de Oza dos Ríos, xunto ao río Mendo. Documéntase por primeira vez a súa existencia nun diploma copiado nos tombos de Sobrado dos Monxes, datado ao redor do ano 995. Neste documento o mosteiro de Bandoxa formaba parte da dotación dun cenobio maior, o de Santa Olaia de Curtis, feita por San Pedro de Mezonzo. Consérvase o templo, hoxe igrexa parroquial, de finais do s XII ou comezos do XIII. Da primitiva fábrica románica tan só se conserva o arco de acceso ao presbiterio, parte dos muros da nave e a portada occidental. O arco triunfal ten directriz apuntada e está sostido por semicolumnas acaroadas que rematan en capiteis vexetais. A portada occidental é de medio punto, abucinada e non ten columnas nin tímpano; o arco maior adórnase con billetes e o menor con boceis e medias canas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Documentalista, produtor e director de fotografía. Foi un dos pioneiros do cine español a principios do século XX. Aprendeu o seu oficio na produtora Gaumont de París. En 1907 instalou un laboratorio de revelado e copias en Barcelona xunto ao seu irmán, o operador Ramón de Baños. Estreou a súa carreira coa rodaxe de escenas de zarzuelas e curtametraxes. Entre as súas realizacións destacan: La malquerida (1914), baseada na obra homónima de Jacinto Benavente, Sangre y arena (1916), versión da obra de Blasco Ibáñez, Don Juan Tenorio (1921), unha das primeiras adaptacións da obra de Zorrilla, e La gitana blanca (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Martín e Santa Mariña de Rosende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Publicou xunto a María Velho da Costa e María Teresa Horta Novas cartas portuguesas (1974), onde denuncian a situación política de Portugal baixo a ditadura. É autora tamén de De noite as árvores são negras (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director do xornal liberal Progreso, editado en Pontevedra. Substituíu no cargo a Isidro Buceta, o seu fundador. Foi encarcerado en 1905 cando traballaba como tipógrafo e exercía como presidente da Asociación Tipográfica de Vigo. Durante a Primeira Guerra Mundial, amosouse partidario dos aliados. Formou parte do directorio do Partido Reformista en Pontevedra, seguindo a súa ideoloxía moderada dentro do agrarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e xeógrafo alemán. Comezou a navegar nos Países Baixos, dende onde se trasladou a Portugal, alí foi nomeado xeógrafo dalgunhas expedicións. En 1492 volveu a Nuremberg, onde construíu un célebre globo terráqueo onde representaba todos os detalles terrestres coñecidos antes do descubrimento de América. Contribuíu ao emprego do astrolabio en navegación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbiólogo holandés. Iniciou e desenvolveu a técnica do cultivo de enriquecemento, aplicada ao estudo das bacterias do solo e das rizobiáceas das raíces das fabáceas. Estudiou a enfermidade de mosaico do tabaco, da que se sabía que non estaba causada por bacterias (única orixe coñecida daquela para as infeccións), e definiu o axente causante como un “fluído vivo contaxioso”, ao que lle deu o nome de virus filtrante. Este termo, co paso do tempo, simplificouse no actual virus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Correspondente da axencia Efe en Galicia, ilustrador e pintor coñecido co pseudónimo de Masito Beiró. Amais de dirixir a revista Petroglifo, participou en numerosas exposicións individuais e colectivas dentro e fóra de Galicia. Obtivo o seu primeiro premio no ano 1966 nun concurso organizado por La Voz de Galicia. Foi finalista do Certame Nacional de Arte Xuvenil (1973), obtivo o Premio Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela (1977) e o terceiro Premio Mestre Mateo (1974). Ilustrou os libros: Os cabeiros refolgos, Pasión y vida de un poeta, Antología poética e El hombre, la poesía y la vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo cenobio dúplice situado na Terra Chá. Sábese da súa existencia grazas a unha doazón feita por un tal Belisario no ano 871.

    VER O DETALLE DO TERMO