"Mateo" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 36.
-
GALICIA
Realizador e editor de vídeo. Desenvolveu parte do seu traballo videográfico para o Concello de Santiago de Compostela, a Dirección General del Patrimonio Artístico e as consellerías de Pesca e Obras Públicas. Ademais, elaborou diversos documentais para Video-Voz, que foron emitidos pola TVG. Publicou Color y Arquitectura e Correa Corredoira, pintor. Gañou o primeiro premio no Concurso de Guións do Concello de Fene (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano. Foi misioneiro no colexio franciscano de Ocopa (Perú). Froito das súas exploracións escribiu dous diarios, publicados posteriormente cos títulos de Diario que el P. Mateo Méndez, predicador apostólico, y el hermano donado Antonio Arias Rodríguez (...) e Diario que el P. Predicador Apostólico Fr. Mateo Méndez, misionero del Colegio de Santa Rosa de Ocopa y presidente (...).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Bispo de Vitoria desde 1928, colaborou no alzamento do 18 de xullo de 1936, pero tivo que fuxir por simpatizar co nacionalismo vasco. Non asinou a carta colectiva do episcopado español de adhesión ao xeneral Franco (xullo de 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Foi arcebispo de Dublín (1599) e organizou a expedición que saíu desde A Coruña para reconquistar Irlanda do dominio protestante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oratorio composto por J. S. Bach sobre un libreto de F. Henrici, en que se narra a paixón, a crucifixión e a resurrección de Xesús Cristo seguindo o Evanxeo de san Mateo. Estreada en 1729 na igrexa de Santo Tomás de Leipzig, onde Bach era organista, está considerada unha das principais obras da música relixiosa do Barroco. O oratorio, dividido en dúas partes, inclúe arias, recitativos e corais. Despois de quedar practicamente apartado dos círculos musicais, en 1829 F. Mendelssohn encargouse de dirixir unha nova versión previamente reactualizada por el mesmo.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Mateo de Lecce, formouse en Roma cos seguidores de Miguel Anxo, e tomou como referencias a C. Salvati e T. Zucari. En 1590 divulgou o manierismo en Lima. Traballou en Malta e Sevilla, onde se conserva a súa obra San Cristóforo (1584).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Cumbraos, Sobrado? - Santiago de Compostela 27.8.1677) Escultor. Formouse con Gregorio Fernández e introduciu en Galicia o naturalismo escultórico deste. Abandonou o manierismo e evolucionou cara a un estilo máis naturalista onde destacan as figuras de vulto redondo, expresivas, e as pregaduras marcadas da vestimenta. Cara a 1632 traballou en Villagarcía de Campos e entre 1637 e 1638 na basílica da Encina en Ponferrada. Está documentado en Galicia desde 1639. Traballou en numerosos templos e da súa extensa produción destaca o cadeirado do coro de San Martiño Pinario (1639-1649?), que lle serviu de modelo para outras obras posteriores e que marcou a súa influencia nos escultores galegos do s XVII. Nel representou a vida da Virxe no cadeirado baixo e a Igrexa militante no alto, no que destacou os membros da orde beneditina. Encargouse da imaxinaría das obras de Bernaldo Cabrera (1641-1667), como a Inmaculada, San Miguel e Santa Catarina do...
-
PERSOEIRO
Empresario. Fundou o holding RUMASA en 1961, con empresas de diferentes sectores, que o goberno do PSOE expropiou en 1983. Creou a organización Partido Político TyE (Agrupación Ruiz-Mateos) coa que se presentou ás eleccións europeas e foi elixido deputado (1989). En 1997 celebrouse o xuízo do caso RUMASA e foi absolto. Co tempo creou un novo holding empresarial denominado NUEVA RUMASA.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e enxeñeiro, fillo de Pedro Mateo Sagasta Escolar. Foi director do Instituto Geográfico e Estadístico e director xeral de Correos e Telégrafos (1910-1913). Militou no Partido Liberal e foi deputado polo distrito de Caldas de Reis durante 15 lexislaturas entre 1893 e 1923.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro, irmán de Práxedes Mateo Sagasta Escolar. Trasladado a Pontevedra polo seu traballo, foi deputado polo Partido Progresista polo distrito de Pontevedra (1869-1872) e polo de Caldas de Reis (1871-1872; 1889-1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro. Participou como progresista na Revolución de 1854 e foi elixido deputado por Zamora. Loitou en 1856 contra L. O’Donnell Jorrís e tivo que exiliarse a Francia. Volveu pouco tempo despois e foi elixido novamente deputado. En 1863 adquiriu e dirixiu o diario La Iberia. Conspirou con Joan Prim i Prats e tivo que fuxir a Portugal, desde onde pasou a Reino Unido e a Francia. Preparou a rebelión dos sarxentos do cuartel de San Gil, en Madrid (1866), que fracasou, polo que foi condenado a morte en rebeldía, pero puido fuxir a Francia. En 1868 uniuse a Francisco Serrano Domínguez e foi un dos dirixentes do movemento revolucionario. Ocupou diferentes ministerios, entre eles o de Gobernación e o de Estado, entre 1868 e 1899, e presidiu o goberno en oito ocasións entre 1871 e 1902. En 1875 organizou o grupo constitucional, que refundou na asamblea de 1880 co nome de Partido Liberal-Fusionista, orixe do Partido Liberal. Estableceu con A. Cánovas o Pacto de El Pardo (1885)....
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado ao N da capital e atravesado polo río Gállego (2.212 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Mateo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Fundador da Obra Pía de San Antonio de Melide, foi xuíz ordinario da Santa Inquisición, cóengo maxistral de Astorga, bispo de Zamora, Cádiz, León e Cartagena e arcebispo de México.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado no sector N da illa de Gran Canaria (6.979 h [2001]). A súa economía é agropecuaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilarmaior baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO