"Miro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 89.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edelmiro/ Edelmira.
-
GALICIA
Escultor, irmán de Camilo, Dolores e Indalecio Díaz Baliño. Especializouse na realización en madeira de siluetas de figuras humanas e de paisaxes caracterizadas pola perfección do seu debuxo. Realizou exposicións en diversas vilas galegas e en América do Sur. Participou, entre outras mostras, na Gran Exposición Regional de Bellas Artes y Artes Decorativas, organizada pola Real Sociedad Económica de Amigos del País en Santiago de Compostela en 1941. Foi un dos fundadores da Asociación de Artistas da Coruña (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta mexicano. Director de El Imparcial e colaborador de Revista Moderna e Revista Azul, foi unha das figuras máis destacadas do modernismo mexicano. A súa obra recóllese en Poesías (1886), Lascas (1901) e Poesías completas (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en Santa María de Donramiro (Lalín). Foi edificada no s XVI e reformouse no XVIII. Ten planta rectangular e dous pisos. A solaina cuberta eríxese sobre piares e percorre o lateral do edificio; accédese a ela por medio dunha escaleira exterior. A portada principal está formada por un arco de medio punto e conserva un brasón que alude ás familias Suárez de Deza, López de Lemos e Salgado.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, reformouse no 1654. No 1119 Xoán Díaz e María Luci, a súa dona, doáronlla á Igrexa de Lugo. Ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais aos lados da nave. O primeiro tramo da nave pertence á primitiva igrexa e a cabeceira e as capelas laterais son barrocas. No interior, conserva restos dun baldaquino de pedra e un arcosolio cun sepulcro que se identificou co do conde Ramiro, aínda que a vestimenta do xacente é a propia dun eclesiástico que pode ser o fundador do templo barroco ou un párroco da igrexa. Conserva a fachada da primitiva construción románica. A portada está formada por dous pares de columnas acobadeladas, con capiteis e bases engadidos posteriormente, que sustentan o tímpano, formado por unha dobre arquivolta tórica e enmarcado por un arco carpanel que se apoia nas xambas. Sobre os ábacos das columnas interiores sitúase unha lousa que pertenceu ao primitivo tímpano; este ten esculpido dúas rosetas con cruces no centro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome, posiblemente, de orixe xermánica, composto de athal ‘nobre’ e o gótico mereis, latinizado en mirus ‘célebre, nomeado, ilustre’. Presenta as variantes Delmiro e Delmira, e os hipocorísticos Miro, Miruca e Demi.
-
PERSOEIRO
Militar e político arxentino. Participou no golpe de estado que derrubou o presidente Castillo e foi nomeado ministro da Guerra en xuño de 1934 e vicepresidente do goberno en outubro. Ocupou a Presidencia da República entre 1944 e 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Profesor de lingua e literatura galegas, colaborou en distintas publicacións e xornais (Dorna, Grial, Bonaval, Nordés, Diario 16 de Galicia) e foi un dos promotores do grupo poético Cravo fondo. Da súa produción destaca As cidades da nada (1983), Designium (Premio da Crítica e Premio Losada Diéguez 1984), Pensar na tempestade (1986), O retornado (Premio Modesto R. Figueiredo 1986), Pasa un segredo (Premio da Crítica Española 1988), Catro novelas sentimentais (1988), As regras do xogo (1990), Aves de paso (1990), Escolma poética (1991), As lúas suburbanas (1991), Adeus norte (Premio Esquío 1991), Fermín Bouza-Brey e a súa obra literaria (1992), Os leopardos da lúa (1993), Soños eternos (1994), Luz do mediodía (1995), As bandeiras do corsario (1995), Ámbito dos pasos (1996), O cazador de libros...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e político. Militante do PSdeG-PSOE desde 1977, foi deputado por Lugo no Parlamento de Galicia na I, II, III e IV lexislaturas (1981-1997). Alcalde de Monterroso desde xullo de 1999. Publicou O entroido de Casa de Naia (1992) e Os muíños de auga na Ulloa (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mansio da vía romana que unía pola costa Bracara Augusta e Asturica Augusta. As fontes non son homoxéneas no referente ao nome; mentres que para o Itinerario de Antonino trátase de Glandimiro, o Anónimo de Ravenna denomínaa Glandimarium, e para Ptolomeo trátase de Glandomiron. Algúns estudiosos localizárona en Brandomil (Zas), mentres que outros identificárona con Pontecesures.
-
PERSOEIRO
Político, duque de Medina de Torres (1626-1668) e marqués de Toral. En 1625 casou con María de Guzmán, filla do conde-duque de Olivares, o que o converteu en protexido deste. Foi tesoureiro do consello de Aragón, presidente do consello de Italia e vicerrei de Nápoles (1637-1644).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación privada vinculada ao concello de Barcelona, creada por Joan Miró en 1971. O edificio que a acolle, obra de Josep Lluís Sert, está situado no Parc de Montjuïc e abriuse ao público en xuño de 1975. Dedícase ao estudo e difusión da obra de Miró e á promoción da arte contemporánea de vangarda. O pintor dotouna cunha colección integrada por pinturas, esculturas, practicamente a colección completa da súa obra gráfica, e debuxos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Zagreb 1893 - 1981) Escritor croata. Vicepresidente da Academia Iugoslava de Ciencia e Arte, director do Instituto Croata de Lexicografía e director da Unión Iugoslava de Escritores, da súa obra cómpre salientar a triloxía dramática Glembajevi (A familia Glembaj, 1932), a novela Povratak Filipa Latinovića (O retorno de Filipe Latinovic, 1960), e as escolmas de relatos Hrvatski bog Mars (O deus croata Marte, 1922) e Balade Petrice Kerempuha (Baladas a Petrica Kerempuh, 1936).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Tambov 1899 - Moscova 1970) Director cinematográfico soviético. Preocupado pola montaxe cinematográfica, a súa obra é unha constante busca e experimentación de novas formas de linguaxe, desde xéneros diversos. Dirixiu Nakrasnom fronte (A fronte vermella, 1920) e Sibiriaki (Os siberianos, 1940).
-
PERSOEIRO
Político. En 1931 fundou as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS). Despois da fusión entre FE (Falange Española) e as JONS pasou a ser dirixente desta organización (1934), aínda que a abandonou en 1935, ao considerar que se alonxara dos ideais nacionalsindicalistas. Ao comezo da Guerra Civil Española foi detido e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Profesor de economía aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, desde 1999 dirixe o Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). As súas investigacións céntranse nos campos da economía e política agraria, desenvolvemento rural e economía rexional. Escribiu Movilidad de la tierra y dinámica de las estruturas agrarias en Galicia (1996) e, xunto a X. M. Fernández Leiceaga, Estrutura económica de Galicia (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teorizador político, ensaísta e diplomático. Partidario do anarquismo, evolucionou cara á ideoloxía de dereitas, e en La crisis del humanismo (1919) propugnou un retorno aos valores católicos e tradicionais. Coa proclamación da Segunda República (1931) dirixiu a publicación reaccionaria Acción Española e en Galicia colaborou na revista Spes, editada en Pontevedra. Escribiu Hacia otra España (1899), Don Quijote, Don Juan y La Celestina (1926), Norteamérica desde dentro (1926), Defensa de la Hispanidad (1934) e o ensaio La brevedad de la vida en la poesía lírica española (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Participou en actividades revolucionarias na súa mocidade, onde xa apuntaba as liñas da súa poesía, linguaxe coloquial e antipoética, imaxes insólitas, rimas inusitadas e un estraño lirismo. Trala revolución púxose incondicionalmente ao servizo do novo réxime soviético. Creador da LEF (Fronte da esquerda da arte), das súas obras destacan Oblako v Štanakh (A nube en pantalóns, 1914-1915), Vladimir Iljič Lenin (1925) e Vo ves ’golos (A plena voz, 1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Membro do consello de redacción da revista Terra, foi cofundador da Sociedade Galega de Xeografía. No seu labor literario destacan traballos sobre a didáctica da cartografía, como “La Cartografía y su utilización en la didáctica de la Geografía” e Mapas, búsolas e itinerarios (1991). Recibiu o Premio Nacional de Educación Física.
VER O DETALLE DO TERMO