Fonte Crespo, Ramiro

Fonte Crespo, Ramiro

Escritor. Profesor de lingua e literatura galegas, colaborou en distintas publicacións e xornais (Dorna, Grial, Bonaval, Nordés, Diario 16 de Galicia) e foi un dos promotores do grupo poético Cravo fondo. Da súa produción destaca As cidades da nada (1983), Designium (Premio da Crítica e Premio Losada Diéguez 1984), Pensar na tempestade (1986), O retornado (Premio Modesto R. Figueiredo 1986), Pasa un segredo (Premio da Crítica Española 1988), Catro novelas sentimentais (1988), As regras do xogo (1990), Aves de paso (1990), Escolma poética (1991), As lúas suburbanas (1991), Adeus norte (Premio Esquío 1991), Fermín Bouza-Brey e a súa obra literaria (1992), Os leopardos da lúa (1993), Soños eternos (1994), Luz do mediodía (1995), As bandeiras do corsario (1995), Ámbito dos pasos (1996), O cazador de libros (1997), Mínima moralidade (Premio Miguel González Garcés 1997) e Capitán de inverno (1999) e A rocha dos proscritos (2001). Así mesmo, participou nos volumes colectivos Caderno de viaxe (1989) e Unha liña no ceo (1996). É membro correspondente da Real Academia Galega.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontedeume