"Mosa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 45.

  • Xénero de aves caradriformes, da familia dos escolopácidos, que se caracterizan por presentar o pescozo e as patas longas e o peteiro fino e longo. En Galicia están presentes en esteiros e zonas costeiras as especies L. limosa e L. lapponica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. A súa obra é moi variada, comprende diálogos (Diálogos das meretrices, Diálogos dos deuses, Diálogos mariños e Diálogos dos mortos), panfletos (O pescador, Temón, O galo), narracións fantásticas (Historias verdadeiras) e obras en verso (Tragodopodagra e Epigramas). Manifesta diversas tendencias, unha retórica e sofista, de carácter lixeiro, outra filosófico-moral, de actitude cínica e escéptica, e outra satírica, na que ataca feitos e personaxes da época. Usou unha lingua elegante, e foi considerado un cínico que só quería facer rir o público burlándose de todo. Influíu na literatura medieval, como en Liutprando, na bizantina, en Erasmo, Rabelais, Maquiavelo e Cyrano de Bergerac, na picaresca castelá, en Swift e en Voltaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos marsupiais, da familia dos didélfidos, que alcanzan entre 8,5 e 19 cm de lonxitude. Presentan un corpo esvelto e unha pelaxe curta de cor gris ou terra avermellada. Son de hábitos solitarios e aliméntanse de froitas e pequenos animais. Habita sobre todo en Formosa e América, desde México e Chile ata Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común que reciben diversas especies da familia das mimosáceas, que se cultivan a miúdo como plantas ornamentais.

    2. Arbusto perennifolio, monoico, de ata 15 m de altura, follas compostas, bipinnadas, cun gran número de folíolos un pouco pubescentes, flores hermafroditas de cor amarela formando cabezolas globosas que ao mesmo tempo se agrupan en inflorescencias en panícula e froito en legume oblongo. Florece ao final do inverno e principios da primavera a partir de xaneiro ou febreiro en bordos de camiños ou lindeiros de bosques. Habita de forma natural en toda Australia, excepto ao N, incluída a illa de Tasmania. Nalgunhas zonas da Península Ibérica, especialmente en Galicia, naturalizouse o que pode resultar ás veces unha praga, dado o seu carácter invasor, xa que despraza a vexetación natural, sobre todo despois dos incendios.

    3. Árbore ou arbusto caducifolio, de ata 45 m de altura, aínda que normalmente non supera os 25 m, que presenta espiñas vermellas no seu tronco e pólas, follas alternas, pecioladas, pinnadas ou bipinnadas nos exemplares novos, flores unisexuais ou hermafroditas de pequeno tamaño e cor verde-amarelada, dispostas en acios axilares, e froito en legume de gran tamaño. Florece entre abril e maio en bordos de camiños ou soutos. Emprégase como planta ornamental en parques e xardíns. En Galicia pódense observar exemplares no Campus universitario de Santiago de Compostela e na illa de San Simón, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos, plantas leñosas ou excepcionalmente herbáceas, da familia das mimosáceas, que presentan as follas opostas e as flores regulares e de estames libres. Consta dunhas 400 especies, a maioría delas americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás mimosáceas.

    2. Planta da familia das mimosáceas.

    3. Familia de fabáceas constituída por arbustos, árbores e raramente herbáceas. As follas son xeralmente bipinnaticompostas, con estípulas foliáceas ou espiñosas, as flores son pequenas, agrupadas en espigas ou glomérulos, a miúdo unisexuais e pentámeras, de androceo haplóstomo, diplóstomo ou poliandro e de xineceo súpero, e os froitos son en legume. Son plantas tropicais e subtropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do N de Europa tributario do mar do Norte (959 km). Nace no altiplano de Langres (Francia), e corre cara ao N encaixado nas calcarias que forman o extremo oriental da conca de París (Côtes de la Meuse), entre Champagne e Lorena. Xa en Bélxica, atravesa o macizo herciniano das Árdenas, en Namur recibe o seu afluente principal, o Sambre, percorre a principal conca carbonífera de Bélxica e, en Maastricht, convértese nun río de chaira e introdúcese en Países Baixos, onde rega Limburg e Brabante Setentrional. Na desembocadura únese a un dos brazos do Rin, río co que forma un delta común. O seu réxime adoita ser regular, cun máximo de caudal no inverno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político iraniano. De nome Mu Palatino; ḥ ammad Hidāyāt al-Musaddaq, fundou a Fronte Nacional, foi primeiro ministro (1951) e nacionalizou o petróleo (1952), pero foi deposto (1953) polo xeneral Zahedi, de acordo coa CIA, e xulgado. A pena de morte foille conmutada por prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coexistencia nun individuo de dúas ou máis liñas celulares con dotación cromosómica diferente, a causa dun fallo nas divisións mitóticas do embrión. Ás veces, orixina liñas celulares anormais que formarán parte dos diversos órganos do individuo segundo a súa diferenciación posterior, despois do fallo nas primeiras divisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artista que fai obras de mosaico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Decoración dunha superficie que se fai incrustándolle anacos de pedra, de mármore ou doutros materiais de diferentes cores. Hai que distinguir dúas categorías: o mosaico de pavimento e o mural. O mosaico de pavimento máis antigo (s VIII a C), realizado en Gordion, fíxose con seixos de río de diferentes cores. A mesma técnica foi empregada en Grecia durante os ss VI-IV a C, nos mosaicos da cidade de Pella, e máis tarde en Sicilia. Coa invención do opus tessellatum o artista tallou e uniu as teselas utilizando mármore, pedras calcarias e pastas vítreas; os mosaicos de teselas máis antigos descrubríronse en Morgantina (Sicilia). Durante os primeiros séculos despois de Xesús Cristo, o mosaico de pavimento romano foi en branco e negro (Pompeia, Ostia), pero no s III xa se impuxeron as grandes composicións polícromas e figuradas. Nas provincias romanas de occidente o mosaico de pavimento decaeu na fin do s VI, e non renaceu ata os ss IX e X. O mosaico mural apareceu en Roma durante o...

      2. Conxunto de cousas dispostas que ofrecen o aspecto dun mosaico.

    1. Serie de fotografías aéreas, que reciben o nome de fotogrametría, que se unen cando se pretende reunir nun só plano unha gran superficie de terreo para fotografala.

      1. Baldosa para pavimentar interiores, moi fácil de abrillantar e xeralmente de forma cadrada, de 20 a 40 cm de lado. Pode fabricarse tamén en forma hexagonal e oitavada. OBS: Tamén se denomina mosaico hidráulico.

      2. Pavimento feito con baldosas de mosaico.

    2. Enfermidade das plantas, como do tabaco, pataca ou tomateira, causada por virus. O virus do mosaico do tabaco foi descuberto polo botánico ruso D. I. Ivanovskij (1864-1920) en 1892, e é o primeiro virus coñecido. Os síntomas máis claros da enfermidade son a ondulación das follas tenras, acompañada de manchas cloróticas en forma de empedrado. Recibe diversos nomes segundo os síntomas que producen, como mosaico punteado ou mosaico en anel. O método principal de loita baséase na prevención e na eliminación dos posibles vectores, os insectos, desta enfermidade.

      1. Organismo ou tecido, derivado dun só cigoto, que, por feitos ocorridos despois da fecundación, mostra polo menos dúas liñas celulares con cariotipos distintos (numéricos ou estruturais).

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Moisés ou ao mosaísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de leis, de ritos e de institucións que Deus revelou ao profeta Moisés para o pobo de Israel e a súa lexislación. Estas atribucións literarias a Moisés están nos libros do Pentateuco e na autenticidade histórica dos primeiros capítulos da Xénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mosaísmo.

    2. Defensor da teoría do mosaísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico sueco. Fixo importantes investigacións sobre os elementos químicos englobados nas terras raras, e descubriu a existencia dalgún, como o lantano, no ano 1839.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos montes de Toledo, preto do encoro de El Torcón (4.015 h [2001]). É un termo rico en bosques e cultivos extensivos de cereais, oliveiras e legumes. A gandaría, de la e porcino, e a elaboración de aceite complementan a súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Foi bispo de Antioquía (260) e tivo un papel na evolución do dogma trinitario, xa que defendeu a teoría de que o Pai é o único que existe da Trindade. Foi acusado de monárquico dinamístico e de adopcionista, polo que foi deposto por Aureliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de San Simón da Costa (Vilalba) e Labrada (Abadín). O seu cumio acada os 936 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte pertencente á serra de San Mamede, situado no límite entre os concellos de Montederramo e Vilar de Barrio. O seu cumio acada os 1.503 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO