"Mull" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 39.
-
PERSOEIRO
Físico suízo. Estudou na escola politécnica federal de Zúric, onde obtivo o doutorado en 1958. Especializado en óxidos, descubriu, nos laboratorios de IBM en Zúric, os materiais cerámicos supercondutores, polo que recibiu xunto co seu colaborador Georg Bednorz o Premio Nobel de Física en 1987.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Relacionouse co grupo Die Brücke (1910-1912), sobre todo con E. L. Kirchner. Creou unha obra pictórica inspirada na pintura exipcia, con formas angulosas e cunha temática dedicada ao mundo do xitano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico suízo. Estudou na Universidade de Basilea e doutorouse en 1925. Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1948 pola fabricación do diclorodifeniltricloroetano (DDT) en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. Inscrito nas últimas manifestacións románticas, escribiu Griechenlieder (Cantos dos gregos, 1821-1824). Destacou polos seus ciclos de versos Die schöne Müllerin (A bela muiñeira) e Die Winterreise (A viaxe de inverno), musicados por F. Schubert.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás mulleres.
-
Aplícase ao home que lle gustan as mulleres e é moi dado a relacionarse con elas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás mulleres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto ou grupo de mulleres.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Especializado en filmes de carácter intimista, da súa filmografía cómpre salientar To Kill a Mockingbird (1962), The Stalking Moon (1969), Summer of ‘42 (1971, Concha de Plata en Donostia), Bloodbrothers (1978), Kiss Me Goodbye (1982), Clara’s Heart (1988) e The Man in the Moon (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Colaborou nun proxecto para o desenvolvemento da bomba atómica durante a Segunda Guerra Mundial e ideou un método para separar isótopos distintos do mesmo elemento químico mediante centrifugación e evaporación. Creou a teoría dos orbitais moleculares, polo que obtivo o Premio Nobel de Química en 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico estadounidense. Doutor en Bioquímica (1972), conseguiu sintetizar un tipo de plástico que cambia a súa cor ao estar exposto á luz ultravioleta. En 1993, xunto con M. Smith, recibiu o Premio Nobel de Química por descubrir o proceso de reacción en cadea da polimerasa (PCR), que permite fabricar un número ilimitado de copias dun fragmento de ADN calquera.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de aluminio, de fórmula Al6Si2O13 que cristaliza no sistema rómbico. Pódese presentar en forma de agregados bacilares ou fibrosos dispostos radialmente e ten unha dureza de entre 6 e 7 e unha densidade de 3,14-3,26. Adoita ser incolora ou branca, pero tamén pode ser de cor amarela pálida, rosa ou vermella. É sintética e un valioso material refractario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes óseos, da familia dos múlidos, que presentan unha corpo alongado e comprimido, unha barba curta debaixo do mentón, e numerosas manchas na parte superior das aletas. As especies máis representativas son o salmonete de rocha e o de fango.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir do 7 de decembro de 1886, e que cesou o 28 de xaneiro de 1887. Subtitulouse “Semanario artístico” e estivo dirixida por Eugenio Mañach Couceiro, substituído por Manuel Amor Meilán a partir do nº 6. De carácter literario e galeguista, incluíu poesía, bibliografía e correspondencia.
-
PERSOEIRO
Escritor danés. Partiu dunha etapa romántica en que desenvolveu un estilo moi semellante ao de H. Heine, L. Musset e Lord Byron. Desta época destacan Raab til Polen (Berro a Polonia, 1831), Danserinden (A bailarina, 1833) e Amor og Psyche (Amor e Psique, 1834). A súa evolución cara a unha poesía amorosa e mitolóxica, antirromántica e ás veces pesimista, veu marcada polo poema épico satírico Adam Homo (1841-1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite dos concellos de Baltar e Cualedro. O seu cumio acada os 1.026 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo austríaco. Especialista en epistemoloxía e filosofía da ciencia, escribiu Metaphysik-Skepsis-Wissenschaft (Metafísica-Escepticismo-Ciencia, 1954), Das Universalienproblem (O problema dos universais, 1957) e Probleme und Resultate der Wissenschaftstheorie und analytischen Philosophie (problemas e resultados da teoría da ciencia e da filosofía analítica, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Concibía a subxectividade e os seus elementos constituídos como inmediatos e fundamentais, e a partir deles orixínase todo coñecemento da realidade. Destacan Neue Studien zur Geschichte der Begriffen (Novos estudos para a historia dos conceptos, 1876-1879) e Neue Grundlegung der Psychologie und Logik (Novos fundamentos da psicoloxía e da lóxica, 1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cartógrafo alemán. Coñecido co nome latinizado de Hylacomilus ou Ilacomilus, publicou Cosmographiae introdutio (1507), en que se menciona por primeira vez o nome de América.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadador e actor estadounidense. Obtivo a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de París (1922) en 100 m libres, 400 m e 4×200 m libres, e nos de Amsterdam (1928) en 100 m libres e 4×200 m libres. Inmortalizou desde 1930 a figura de Tarzán en numerosos filmes e converteuse nunha das máximas figuras de Hollywood.
VER O DETALLE DO TERMO