Mullis, Kary B.

Mullis, Kary B.

Científico estadounidense. Doutor en Bioquímica (1972), conseguiu sintetizar un tipo de plástico que cambia a súa cor ao estar exposto á luz ultravioleta. En 1993, xunto con M. Smith, recibiu o Premio Nobel de Química por descubrir o proceso de reacción en cadea da polimerasa (PCR), que permite fabricar un número ilimitado de copias dun fragmento de ADN calquera.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lenoir, Carolina do Norte