"NBA" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 36.

  • Púlpito desde onde se predica durante a oración do venres, nunha mesquita. Situado á dereita do mi Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ rāb, o acceso realízase por medio dunha escaleira. Xeralmente presenta planta con foma de triángulo equilátero e aparece coroado por un dosel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • National Basketball Association.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Hessen, Alemaña, que está situada á esquerda do Main inferior (116.627 h [2000]). Destacan as manufacturas de coiro, as primeiras do país desde mediados do s XIX, e as industrias metalúrxicas, electrónicas e químicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. De nome Jacob Eberst, naturalizouse francés e foi director de orquestra da Comédie Française (1850-1855), da Champs-Elysées, do Bouffes-Parisiens (1855-1861) e do Théâtre de la Gaite (1873-1875). Considerado o autor máis destacado da opereta francesa do Segundo Imperio, realizou comedias musicais frívolas e operetas decadentes, satíricas e cheas de humor, dotadas dun estilo alegre e enxeñoso, en que criticaba a política e as debilidades da época de Napoleón III. Da súa produción, composta por máis de 90 operetas, cómpre salientar La rose de Saint-Flour (1856), en que acuñou o termo ‘opereta’, Orphée aux enfers (1858), La vie parisienne (1866) e Les contes d’Hoffmann (1881), que foi completada por Ernest Giraud. O xénero creado por Offenbach foi imitado por Johann Strauss, Arthur Sullivan e Franz Lehár, ademais doutros autores musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político holandés. En 1586 foi nomeado gran conselleiro de Holanda e, de feito, exerceu practicamente a súa presidencia. En 1602, para superar a competencia de Portugal, decidiu fundar a Compañía Holandesa das Indias Orientais. Enfrontouse con Mauricio I de Nassau-Orange que o fixo encarcerar e decapitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático alemán. Foi un destacado representante do Grupo de Berlín, neopositivista e vinculado ao Círculo de Viena. Desde 1930 dirixiu, con R. Carnap, a revista Erkenntnis. Foi autor de Relativitätstheorie und Erkenntnis a priori (Teoría da relatividade e coñecemento a priori, 1920), Atom und Kosmos (Átomo e cosmos, 1930), Wahrscheinlichkeitslehre (Teoría da probabilidade, 1935), Experience and Predition (1938), Elements of Symbolic Logic (1947) e The Rise of Scientific Philosophy (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor flamengo. Dirixiu os movementos da revolta flamenga e escribiu poemas románticos e obras teatrais para estes grupos revolucionarios, como o drama Gudrun (1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta belga. Representante do movemento simbolista, das súas obras destacan La jeunesse blanche (1886) e Le miroir du ciel natal (1898). Cultivou tamén a novela, como Bruges-la-Morte (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista alemán. Formulou o denominado efecto Schmalenbach, segundo o cal a medida que aumenta a proporción dos custos fixos, as empresas perden capacidade para adaptarse ás variacións do mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor francés. Entre 1955 e 1960 musicou poemas de escritores coñecidos, coa colaboración de Louis Aragon. A partir de 1963 as súas composicións derivaron cara á unha canción comprometida coa esquerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Mongolia e ajmag independente (4.700 km2; 773.700 h [2000]). Situada ao N do país, xunto ao río Tuul, preto dun importante xacemento de lignito, medrou rapidamente grazas á modernización e á industrialización. É o único centro industrial do país organizado segundo o sistema soviético de combinados industriais. Primitivo centro de migración estacional, en 1639 converteuse en capital relixiosa grazas á construción do mosteiro Da Khure, residencia do bodgo-gegen (gran sacerdote do budismo tibetano). Os rusos chamárona Urga. Coa independencia de Mongolia exterior (1911), converteuse en capital, co nome de Niislel Khureheh, e despois da ocupación das tropas revolucionarias e soviéticas (1921) foi capital da nova república (1924) co nome actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Johan van Oldenbarnevelt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Escocia, Reino Unido (162 km2; 50.7222 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado un dos grandes poetas épicos, plasmou os ideais do cabaleiro en Parzival (1200-1210). Tamén é autor de Willehalm (1210?) e do poema lírico Titurel, os dous inacabados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sexto Emir de Al-Andalus (721-726), nomeado polo Valí de Ifrīqiya. Despois de ser derrotado por Eudo de Aquitania, dirixiu dende Narbona unha expedición (725) na que conquistou Carcasona, Nimes e Autun, as dúas primeiras por capitulación pactada, polo que permanecían no cargo condal os godos.

    VER O DETALLE DO TERMO