Offenbach, Jacques
Compositor alemán. De nome Jacob Eberst, naturalizouse francés e foi director de orquestra da Comédie Française (1850-1855), da Champs-Elysées, do Bouffes-Parisiens (1855-1861) e do Théâtre de la Gaite (1873-1875). Considerado o autor máis destacado da opereta francesa do Segundo Imperio, realizou comedias musicais frívolas e operetas decadentes, satíricas e cheas de humor, dotadas dun estilo alegre e enxeñoso, en que criticaba a política e as debilidades da época de Napoleón III. Da súa produción, composta por máis de 90 operetas, cómpre salientar La rose de Saint-Flour (1856), en que acuñou o termo ‘opereta’, Orphée aux enfers (1858), La vie parisienne (1866) e Les contes d’Hoffmann (1881), que foi completada por Ernest Giraud. O xénero creado por Offenbach foi imitado por Johann Strauss, Arthur Sullivan e Franz Lehár, ademais doutros autores musicais.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Colonia -
Deceso
Lugar : París