"NBER" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 61.
-
PERSOEIRO
Educador suízo. En 1799 fundou en Hofwyl, cerca de Berna, unha institución agrónomo-educativa e favoreceu o ensino das diversas clases sociais. Á súa escola, orientada baixo postulados pestalozzianos, acudiron estudiantes de toda Europa e tivo unha grande influencia no desenvolvemento das teorías educativas, especialmente na educación baseada no traballo directo no campo. Foi un dos máximos difusores e continuadores da obra da educación popular que trazara Johann Heinrich Pestalozzi
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e guionista cinematográfico arxentino. Na súa obra dramática destacan títulos como Knepp (1983), Krinsky (1983), Poniendo la casa en orden (1985), Cartas a Moreno (1987) ou Rajemos, Marqués, Rajemos (1976), texto destinado ao publico infantil e presentado en Galicia en 1985 polo grupo Tagallo e en 1990 pola Compañía Kalandraka.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo e lingüista. Doutorouse en Antropoloxía (1940) na Northwestern University (Evanston, Illinois). Foi profesor na University of Minnesota e, en 1962, trasladouse á Stanford University, onde permaneceu ata o seu retiro (1985). Ademais de estudar os universais, investigou as distintas familias lingüísticas. Na súa obra The Languages of Africa (1963) -publicara unha primeira versión co título Classification of African Languages (1955)-, clasificou todas as linguas de África en catro familias: níxer-congo, nilosahariana, afroasiática e khoisan. Tamén estudiou a clasificación xenética das linguas de Nova Guinea e de América do Sur. Para a primeira distinguiu dúas familias: a austronesia e a indopacífica; e para a segunda concluíu que existía unha estreita relación entre as linguas de América do Sur e as de América do Norte, e que as linguas indíxenas de América pertencían a tres familias: esquimó-aleutiana, na-dené e amerindia. A partir da década de 1990 investigou as linguas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Johann Gensfleisch.
-
PERSOEIRO
Escritor romántico alemán. Coñecido como Novalis, entendeu o amor como unha forza elemental anímica e cósmica, e no seu individualismo máxico todo coincidiu, individuo e universo, vida e morte, un e todo. Publicou Geistliche Lieder (Cánticos espirituais, 1799), algúns poemas alegres e vitais, Lied der Toten (Canto dos mortos) e Hymnen an die Nacht (Himnos á noite, 1800). Tamén publicou fragmentos literarios co nome de Blütenstaub (1798), o ensaio Die Christenheit oder Europa (A cristiandade en Europa, 1799) e a novela inacabada Heinrich von Ofterdinge, en resposta ao Wilhelm Meister, de Goethe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que determina a proporción de caracteres mendelianos dominantes e recesivos que se transmiten no seo dunha poboación. Constituíu a primeira formulación matemática rigorosa dunha xenética de poboacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de ferro e calcio, de fórmula CaFeSi2O6. Pertence ao grupo dos piroxenos e cristaliza no sistema monoclínico. A súa cor vai desde o verde escuro ao negro e ten un brillo vidroso. Posúe unha densidade que oscila entre 3,50-3,55 e unha dureza de 6. Preséntase nas zonas de contacto entre as calizas e masas graníticas. É o termo extremo dunha serie que comenza co diópsido.
-
PERSOEIRO
Físico alemán. Considerado un dos fundadores da mecánica cuántica, tivo unha grande incidencia no desenvolvemento da física atómica e nuclear. En 1927 formulou o denominado principio de incerteza. A súa obra básica sobre a teoría dos cuantos ampliouse en sucesivas edicións. Escribiu tamén valiosos ensaios sobre filosofía da ciencia. En 1932 foille outorgado o Premio Nobel de Física, pola mecánica cuántica de matrices.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Nova York 1918) Bioquímico estadounidense. Estudiou na Universidade de Rochester, onde se graduou (1941). Foi profesor nas universidades de Washington e de Standford. Descubriu os mecanismos de síntese biolóxica dos ácidos nucleicos (ARN e ADN), e obtivo en 1961 a síntese do ADN no laboratorio mediante nucleótidos independentes, un enzima e unha molécula do ADN patrón. En 1959 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con S. Ochoa, polo descubrimento da ADN-polimerase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Vigo 3.6.1926) Poetisa e escritora. Integrante da Promoción de Enlace, está considerada como unha das máis destacadas autoras galegas da posguerra. A súa obra caracterízase polo intimismo e pola súa inclinación cara ao popular. Despois da súa formación no Colegio Alemán de Vigo, viaxou por Francia e Italia e instalouse en Arxentina, onde coñeceu a diversos escritores e intelectuais, como Castelao, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, Miguel Ángel Asturias, Jorge L. Borges, Alberto Girri e Olga Orozco. Ademais, no seu regreso a España, trabou amizade con Vicente Aleixandre e Dámaso Alonso, e asistiu aos parladoiros do café Gijón en compañía de Gerardo Diego. Colaboradora en diversos xornais e revistas, realizou as traducións dos libros Cantos del 6° Dalai Lama (1968), traducidos ao galego en 2003. É autora dos libros poéticos Cantigas de vento (1956), Canaval d ouro (1962), A sombra ergueita (1976), Cantigas para un tempo esquencido (1986), Alegoría do ensoño ferido (1992),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
National Bureau of Economic Research.
-
PERSOEIRO
Bioquímico. Tivo un papel decisivo na interpretación do código xenético e en 1961 encontrou ribosomas e conxugounos cun ARN artificial. Amosou como as instrucións xenéticas no núcleo celular controlan a composición das proteínas. Recibiu a Medalla Nacional de Ciencia e o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1968), que compartiu con H. Gobind Khorana e Robert W. Holley.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Realizou a súa primeira exposición en 1951, e desde 1955 colaborou como decorador e deseñador da compañía de danza de Merce Cunningham. Evolucionou desde unhas primeiras obras vinculadas ao expresionismo abstracto cara ás combine paintings, en que incorporou a vida real mediante a colaxe fotográfica. A súa obra anticipou a pop-art.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Célula xigante con citoplasma abundante, núcleo multilobulado e nucléolos prominentes, característica da enfermidade de Hodgkin.
-
PERSOEIRO
Político e escritor estonio. Escribiu Mythus des 20. Jahrhunderts (1930), que o converteu no teórico do racismo nazi. Foi xefe dos servizos de Asuntos Exteriores do Partido Nazi desde 1933 e, como ministro dos Territorios Ocupados do Leste, ordenou a deportación e execución de miles de persoas. Foi condenado a morte polo Tribunal de Nuremberg, e aforcado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra sueco. Influído por Nielsen, Sibelius, Schönberg e Stravinskij, foi autor, entre outras obras, de sete sinfonías, diversos concertos para violín, doce cuartetos de corda e nove óperas, das que destaca Marinetter (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Xunto coa súa muller, Ethel Rosenberg (1915-1953) foi acusado de facer espionaxe en favor da URSS na época da caza de bruxas do maccarthismo. Condenados a morte en 1951, foron executados dous anos depois malia as protestas internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático ruso. Subsecretario na Sociedade de Nacións (1934), foi o primeiro embaixador soviético en España (1936-1937). A inxerencia en acontecementos internos como a destitución do xeneral Asensio Torrado, o subsecretario de Guerra, provocou a súa destitución. Ao chegar á URSS (1937) desapareceu a raíz das purgas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escenógrafo ruso. Coñecido como Leon Baks, foi un dos fundadores do grupo Mir Isskusstva que se opoñía ao realismo dos Ambulantes. Incorporouse aos Ballets Rusos de D’agilev e realizou os decorados e figurinos de L’Oiseau de feu e Shéhérezade (1910) e La belle au bois dormant (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Territorio alemán formado a raíz da partición do ducado de Saxonia en 1260 para Alberte II (?-1298), fillo segundo do duque Alberte I de Saxonia, da dinastía de Ascania. En 1356 os duques de Saxonia-Wittenberg recibiron a confirmación da dignidade electoral. Á morte do derradeiro Ascania (1422) o ducado e a dignidade electoral pasaron (1423) ao margrave Federico III de Misnia, da dinastía de Wettin, que se converteu no elector Federico I de Saxonia.
VER O DETALLE DO TERMO