Kornberg, Arthur
Kornberg, Arthur
(Nova York 1918) Bioquímico estadounidense. Estudiou na Universidade de Rochester, onde se graduou (1941). Foi profesor nas universidades de Washington e de Standford. Descubriu os mecanismos de síntese biolóxica dos ácidos nucleicos (ARN e ADN), e obtivo en 1961 a síntese do ADN no laboratorio mediante nucleótidos independentes, un enzima e unha molécula do ADN patrón. En 1959 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con S. Ochoa, polo descubrimento da ADN-polimerase.